martes, 28 de abril de 2026

QUE FIXEMOS NA BIBLIOANTIOQUÍA NO DÍA DO LIBRO? POIS LER!

Na BiblioAntioquía non se nos ocorreu mellor maneira de celebrar o Día Internacional do Libro ca lendo. Así que, neste último gran día de celebración do noso Mes do Libro, xuntámonos uns cantos e unhas cantas na biblioteca para ler. Foi en forma de micro aberto, no que quen quixo se achegou para lernos un fragmento da súa obra favorita.

Desta volta, abrimos unha pequena ventá a este acto sinxelo pero efectivo que queremos compartir convosco a través deste vídeo. Grazas por vernos e feliz Día do Libro!


Ningún comentario:

Publicar un comentario