Susana Moure, profesora de Xeografía Historia do nos instituto, organizou un ano máis varias actividades para celebrar este día escolar. Desta vez, Malala Tousafzai foi a homenaxeada.
martes, 31 de xaneiro de 2023
31 DE XANEIRO: DÍA DA CONVIVENCIA, DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
luns, 23 de xaneiro de 2023
venres, 20 de xaneiro de 2023
EROS E PSIQUE
Eros e Psique protagonizaron esta nova cita con Óscar Soto e cos clásicos.
mércores, 18 de xaneiro de 2023
DE PRETO CON LEDICIA COSTAS
As tertulias literias de Ourense levan organizándose ao longo de alomenos oito edicións do noso club de lectura. Nela reúnense centros educativos da cidade e imos convidados 4 ou 5 centros da provincia de Ourense. Entre os centros de fóra da cidade estamos os membros de Ao pé da letra, que compartimos a experiencia con centros como ourensáns IES Otero Pedrayo, EPAPU entre outros e co IES de Allariz, IES de Maceda e IES Lagoa de Antela.
Ademais contamos coa colaboración do Liceo de Ourense que enmarca esta actividade nas súas instalacións.
Esta actividade consiste nunha tertulia entre o alumnado que ten o seu broche final no coloquio mantido coa autora ou o autor da obra comentada.
Desta vez escoitamos a Ledicia Costas, pero volveremos...