mércores, 30 de novembro de 2022
luns, 28 de novembro de 2022
PREPARADOS, LISTOS, XA!
Clásicos, manga, xogos, puzles, pendientes, cómic, lotes de libros, literatura infantil, xuvenil,…Todo preparado para que a próxima semana sexa a máis solidaria do curso.
A beneficio do Banco de Alimentos de Ourense.
POR QUE UNHA FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN?
O ano pasado puxemos en marcha unha iniciativa solidaria que pretendemos que dure moitos cursos. Trátase da Feira solidaria do Libro de segunda man. O curso pasado adicamos a recaudación aos nenos e nenas refuxiados de Ucraína (vía Cruz Vermella) e o presente curso decidimos que sexa o Banco de Alimentos de Ourense o que reciba a nosa aportación.
A actividade arranca hoxe e rematará o 9 de decembro. Xa sabedes que nos centramos na venta de libros aos membros da comunidade educativa a 1 e 2 euros. Os mencionados libros proceden de doazóns por parte do profesorado e alumnado do centro; ademais, contamos coa colaboración especial do Departamento de Inglés, que fixo varias compras de libros de segunda man que vendemos por debaixo do seu prezo, pois a fin non é lucrarse, senón aprender valores que nos aproximen ao coñecemento dos ODS que promove a Axenda 2030. Estes libros de segunda man que se compran proceden dunha ONG tamén solidaria, libros.madrecoraje.org, de modo que o noso proxecto solidario é dobre.
A maiores esta vez, teremos días temáticos: o día das triloxías, o día da cita a cegas cos libros, o día dos complementos,...
E por que facemos todo esto? Por un sinxelo motivo: porque somos privilexiados e sería unha mágoa que dende a nosa posición non fixeramos nada. As veces doamos libros, outras doamos e compramos, outras só compramos; a forma de participar neste evento é o de menos, o importante é ser parte dun movemento solidario escolar que, sobre todo, educa en valores.
Pasade e botade unha ollada ao noso compromiso cos demais e co futuro. Estamos na porta de biblioteca.
venres, 25 de novembro de 2022
UN AGASALLO VIOLETA
A BiblioCidade celebrou este 25 de Novembro agasallando ao alumnado con bandas violetas, unha forma de mostrar cos nosos pulsos que no IES Cidade de Antioquía estamos no camiño. Voaron!
Moitas grazas, Celsa, pola túa colaboración para facer chegar o agasallo!
xoves, 24 de novembro de 2022
20 MINUTOS COS CLÁSICOS
Para non interferir nas actividades organizadas no recreo para este 25 de novembro, Óscar Soto decidiu adiar a próxima cita cos clásicos ao próximo venres, 2 de decembro.
mércores, 23 de novembro de 2022
MULLERES DE CINE
... aparecen neses libros que despois alguén levou ao cine.
Durante os próximos meses, os nosos corredores serán un mural á sua obra e ao cine.
martes, 22 de novembro de 2022
22 DE NOVEMBRO - SANTA ICÍA
Esta semana celebramos o día da música. Nun centro tan musical coma o noso non podía faltar un concurso.
A que esperas para xogar coas melodías e as letras?
luns, 21 de novembro de 2022
25 DE NOVEMBRO NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
Iniciamos a semana para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Coma cada ano, Susana Moure, profesora de Xeografía e Historia, e o seu alumnado renden homenaxe a todas esas mulleres que neste 2022 perderon a vida pola violencia de xénero.
Ademais, deseñaron unha chea de carteis nos que reivindican o papel da muller na sociedade, a súa liberdade, os seus dereitos e a educación como medio para acadar a igualdade.
Este venres, na BiblioCidade, regalamos pulseras violeta e convidámosvos un curso máis a vestir unha prenda desta cor.
Non esquezades que algunhas das profesoras do centro teñen preparada unha actividade especial o mesmo venres ás 10:50.
Desta vez, deixaremos o corazón e quedaranos pegada.
MÚSICA DE CINE
Na semana de Santa Icía traemos unha interesante proposta para ti. Reflexiona sobre todos esos valores que nos aporta a música, sobre eses recordos que temos vencellados a unha canción, sobre esa marea de sentimentos que nos afoga cando nos sumerximos nas ondas dunha melodía, duns versos,...
E o cine? Que importante é a música no cine! Quen non recoñece a banda sonora Piratas del Caribe? Que sería de Grease, de Love Story, de La La Land sen música? Inquedaríanos tanto a escena da ducha de Psicose sen eses acordes repetitivos?
Aquí deixamos unha ligazón por se queres disfrutar das mellores bandas sonoras de cine da historia.
100 BANDAS SONORAS DE PELICULAS - YouTube
mércores, 16 de novembro de 2022
TRABALLAMOS POLA TOLERANCIA
Mil grazas, Ana Belén! Polo esforzo, polo traballo realizado, por compartir con nós tantas cousas que nos fan medrar.
martes, 15 de novembro de 2022
BIBLIOTECA MULTICOR
Dende agora contarás na biblio cun marabilloso buzón no que recopilaremos experiencias nas que a tolerancia sexa a protagonista. Coñeces a alguén que non se atreve a manifestarse tal cal é por medo? Que lle dirías? O comportamento dalgún coñecido espertou a túa admiración pola súa seguridade ao mostrarse diferente?
Comparte con nós as túas vivencias!
QUE NON NOS FALTE ESTA DATA
NOVA CITA CLÁSICA
Xa rodan polo centro os novos carteis que nos aproximan a outro clásico.
Non esquezas a túa cita mensual cos clásicos na BiblioCidade!
venres, 11 de novembro de 2022
E AS GAÑADORAS SON...
Aquí tedes ás gañadoras dos concursos de ilustración e de fotografía deste curso.
Parabéns, rapazas! Que sexa a primeira de moitas!
luns, 7 de novembro de 2022
UNHA HORA DE LER DIFERENTE
Hoxe Roberto, Anxo, Saínza, Jimena, Jose, Adam, Joel e Íker disfrutaron coma nunca da Hora de Ler.
Aproveitando que damos clase nunha sala á que se accede a través do salón de actos, subímonos ao escenario para facer unha lectura dramatizada dunha pequena obriña de teatro que ten coma protagonista á natureza, e coa que tamén aprendimos a importancia de tenderlle a man desinteresadamente a quen precisa axuda.
A pesar de que as cadeiras deixaban pouco espazo, o talento desbordou a sala e descubrimos que certo "paxariño" é un actor en potencia.
Pasámolo tan ben, que non tardaremos en repetir. Non será preciso que volva ser Hora de Ler...
martes, 1 de novembro de 2022
LER CIENCIA
A BiblioCidade ten unha ampla oferta de lecturas "científicas" para este mes de novembro.
Se che apetece ler ciencia, da unha volta pola biblio e vótalle unha ollada á escolma:
A CIENCIA POLOS CORREDORES
Abrimos o mes de novembro con diferentes actividades orientadas a achegar a ciencia ao noso día a día.
Na entrada principal atoparás un panel no que poderás ler noticias publicadas en diferentes medios de comunicación relacionadas coa ciencia.
Recorda que aínda podes participar no concurso de monólogos científicos e que con el poderás disfrutar dun almorzo gratuito e dun regaliño sorpresa...
E, como non, o noso manequín do proxecto Mulleres (IN)visibles homenaxeará a diferentes mulleres científicas. Agarda e verás o que novembro trae para aprender!