mércores, 22 de decembro de 2021
venres, 17 de decembro de 2021
SEGUIMOS COAS POSTAIS DE NADAL...
Xa podedes contemplar o gran traballo que fixeron os alumnos e as alumnas do nosos IES.
Cal é a mellor?
Este martes coñeceremos o resultado das votacións de diferentes integrantes da comunidade educativa.
venres, 10 de decembro de 2021
NADAL 3R
Chega o Nadal e xa se deixa notar na BiblioCidade. Pero desta vez será un Nadal comprometido. Os andeis decóranse con lá e fieltro, con CDs reutilizdos,...
E para a escenografía de fondo do noso Belén démoslle unha nova vida a un libro.
mércores, 1 de decembro de 2021
CONCURSO DE POSTAIS
Iniciamos o camiño ao Nadal con noso tradicional Concurso de postais de Nadal e de paisaxes invernais.
Participa con nós!
xoves, 25 de novembro de 2021
O DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
Ao longo destes últimos días vimos como as paredes do noso IES se cubrían de fotos, de carteis, de palabras coas que mostrar un ano máis o noso apoio á loita para a eliminación da violencia contra as mulleres.
O alumnado de Xeografía e Historia de Susana Moure compartiu con nós un especial recordo para todas esas mulleres que perderon a vida este ano a causa da violencia de xénero: cadeiras que ninguén ocupará máis, ese foi o símbolo deste ano. Tamén compartiron a súa reflexión para a concienciación sobre diferentes formas de exercer violencia sobre as mulleres. A BiblioCidade fixo a súa pequena aportación colgando sobre a exposición o eslogan que eleximos para este 2021.
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Este é o manifesto que elaborou o alumnado de 1ºESO A para
conmemorar o 25 de novembro. Grazas a esta xuventude tan concienciada e a María
Xosé Fernández, profesora de Lingua Castelá e Literatura, que actuou coma guía
para artellar un texto tan bonito e cheo de verdade.
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO
Querer é coidar e protexer,
sen controlar, sen manipular,
sen sentirse dono de ninguén.
Querer é estar nos momentos
difíciles
Sen esperar nada a cambio.
Querer a alguén é respectar,
Escoitar e apoiar, sen xulgar.
Querer é dar acoubillo e aloumiñar.
Amar a alguén é conseguir que se
sinta libre,
deixar que tome as súas decisión,
que teña o seu propio espazo sen
invadilo.
Amar a alguén é ser un compañeiro
de vida,
Facer que a outra persoa se sinta
querida.
Isto é AMOR, quen o probou, sábeo.
A obsesión, os celos, os insultos,
os golpes
NON SON AMOR
25 de Novembro
En pé contra a violencia de xénero.
IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
1º ESO A
luns, 22 de novembro de 2021
mércores, 10 de novembro de 2021
QUE FACEMOS OS PROFES COS VOSOS EXAMES?
Sinto decepcionarvos, pero non, non gardamos para sempre os vosos exames. Pasados os dous anos de custodia obrigada, desfacémonos deles.
Porén, ás veces, sacámoslle moito partido. Por exemplo, na biblioteca aproveitamos os folios que non se completan, esos nos que escribides dúas liñas ou que apenas cubrides e convertímolos en notas. Esta é a mostra...
Por certo, o portanotas tamén é un "traballo de aproveitamento". Para facelo empregamos parte dunha caixa vella e restos de vinilo adhesivo que sobrara doutras actividades.
venres, 29 de outubro de 2021
E CHEGOU O SAMAÍN!!!!
O Samaín chegou a BiblioCidade con forza para atemorizarnos con lecturas de medo e cunha ambientación terrorífica. Toda a comunidade educativa participou desta festa con concursos e diferentes actividades nas que o terror foi o protagonista.
xoves, 28 de outubro de 2021
UN ESLOGAN PARA A BIBLIOCIDADE
Este ano celebramos o Día de Biblioteca cunha elección moi especial: o eslogan da nosa biblioteca. Dende a BiblioCidade plantexamos dúas opcións:
- BiblioCidade... Un pórtico a mundos infinitos.
- Le, soña, crea,... Vive a BiblioCidade!
A votación correu a cargo do noso alumnado que decidiu que o noso lema sexa...
Esperade! Aínda non! Algún día entrarás na biblioteca e veralo exposto, pero de momento agárdanos unha longa espera.
FOTOS TERRORÍFICAS
As votacións para elexir gañador ou gañadora están en marcha!
Aínda non lle botaches un ollo á exposición?
Pasaralo de medo!
luns, 25 de outubro de 2021
UN EXPOSITOR SOSTIDO E SOSTIBLE
Se viñeches visitarnos, seguro que te deches conta de que temos expositor novo para os fondos audiovisuais. Eleximos un formato orixinal, porque permite a manipulación das películas e aproveita espazos perdidos. Ademais faise notar cando pasas ao seu carón un pouco deprisa...
Por que decimos que é un expositor sostido?
Evidente, non si? Está colgado nas barras das cortinas que habitualmente empregramos para a decoración.
Por que dicimos é sostible? Moi sinxelo. Eleximos un material téxtil de tecido natural, económico e de gran duración, e reutilizamos as argolas dun bolso vello.
O resultado está á vista. A de cousas que podemos facer co que aparentemente é inservible!
domingo, 24 de outubro de 2021
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe domingo 24 de outubro Bibliocidade está de festa porque é o Día das bibliotecas. Para conmemoralo, o alumnado de 2.º ESO, capitaneado pola profesora Laura Cervera, creou este vídeo cheíño de referencias literarias nas que a biblioteca está moi presente. Desexamos que vos guste, fixémolo con toda a ilusión do mundo.
MANIFESTO DO LECTOR
Gústanme os libros longos con longas palabras.
Gústanme os libros pequenos con palabras curtas.
Leo libros nas tardes soleadas,
nas mañás chuviosas.
Libros ilustrados sen palabras,
libros de futuro con novas palabras.
En noites de insomnio,
en medio de conversas,
emprego libros coma portais a novos mundos,
coma oportunidades de coñecer nova xente.
Buscarei novos libros.
Lerei os que teño (algún día).
Coma escaleiras a novos coñecementos,
coma topes de porta, pisapapeis e matamoscas.
Prestareille os meus libros a outros
E soñarei con libros que aínda están por escribir…
GRANT SNIDER (Ilustrador e escritor)