venres, 29 de novembro de 2024

DECEMBRO NAS AULAS

Dámoslle unha volta ao concurso de árbores 3D / 3R. Este curso a proposta é unha decoración 3R das aulas: materiais reutilizados ou reciclables, respectuosos con medio ambiente e sustentables servirán de decoración para o Nadal nas aulas.

Lembramos que non se pode pegar nada nas paredes e que, para acceder ao premio final, é preciso que as aulas estean libres de decoración e ordenadas o venres 20 de decembro no recreo. De non ser así, procederase á descalificación do grupo correspondente. 



xoves, 28 de novembro de 2024

CIENCIA A CONCIENCIA

Un novembro adicado á ciencia dá para moito, incluso para que os alumnos e as alumnas de Física e Química de 4º ESO fixeran unha visita á Aula Newton de Ourense.

Parece ser que o simulador é unha garantía de éxito.


mércores, 27 de novembro de 2024

MUNDO CELULAR

 Remata novembro, mes da ciencia en galego, cunha visita especial á BiblioAntioquía. O alumnado de Bioloxía de 1º ESO veu coas súas células, fíxose fotos e deixou pegada en forma de miniexposición. Aquí tes unha pequena mostra da súa visita e, por suposto, do seu traballo:



martes, 26 de novembro de 2024

APRENDER SOBRE VIOLENCIAS

Onte o noso alumnado, grazas á presenza dunha ONG no recreo, tivo a oportunidade de aprender máis sobre a violencia, a distinguir que comportamentos ou actitudes constitúen un ataque á dignidade da persoa, Está claro que a educación dos homes e mulleres do futuro importa máis aló das familias e desta comunidade educativa.



RETO CIENTÍFICO. SEMANA 2

 Segunda semana do reto científico. Aquí van as preguntas:

6. Como se chama o perímetro do círculo?

7. De que elemento está feito o diamante?

8. Como se chaman os materiais que non permiten que a corrente eléctrica flúa a través deles facilmente?

9. Cando é certo que 11+3 = 2?

10. Que gas absorben as plantas da atmosfera para realizar a fotosíntese?


Aínda que te animaras tarde, estás a tempo de participar. Colle a túa folla de participación na bilio e recupera no blog as preguntas da semana pasada.

Unha vez teñas as repostas, deposítaas na BiblioAntioquía antes do 2 de decembro.


luns, 25 de novembro de 2024

RETO CIENTÍFICO SEMANA 2

 

    Unha vez teñas as túas respostas, lévaas á biblioteca no recreo ou entrégallas a Laura. Lolo logo coñeceremos ao gañador ou gañadora.

25 N BIBLIOANTIOQUÍALIST

Este curso eleximos as artes como temática e, sendo novembro e con Santa Icía tan preto, adicamos o 25 de novembro á música. Ofrecemos hoxe unha playlist coa que reivindicar a esas mulleres que cada día loitan con valentia para saír dun inferno non elexido.

Poderiamos ter elexido outro repertorio, ese das cancións machistas que, por desgraza, teñen tanto éxito nas emisoras comerciais, pero demasiado venden para o pouco que contan, Para que darlle máis publicidade?

E non, no é soamente un cartel. Escanea o QR e escoita.



COA VISTA ATRÁS

Lembramos un dos manifestos máis bonitos coa que conta a BiblioAntioquía escrito para o 25 de novembro, un texto ideado polo propio alumnado. Desfrutade del:



TAMÉN NOS IMPORTA


 

venres, 22 de novembro de 2024

ENTREGA DE PREMIOS DO SAMAÍN

Faltounos a alfombra vermella, pero non os premiados. Velaquí están...


                                    Mellor disfraz                                                  Microrrelato

                                           Foto terrorífica                              Microrrelato de profes





xoves, 21 de novembro de 2024

mércores, 20 de novembro de 2024

BUSCÁMOSTE!

 Gústache a biblio? Queres saber como funciona por dentro? 

Suma con nós sumándote a nós!

luns, 18 de novembro de 2024

RETO CIENTÍFICO SEMANA 1

Seguimos coa ciencia en galego neste mes de novembro. Aceptas o reto? Pasa pola BiblioAntioquía e recolle a túa folla de participación.




PREGUNTAS DA SEMANA 1:

1. Como é posible que catro noves logren dar como resultado 100?

2. Que gas é coñecido como o gas da risa?

3. Cal é o planeta máis grande do Sistema Solar?

4. Cal é o principal gas da atmosfera terrestre?

5. As abellas obreiras son todas femias?

 

venres, 15 de novembro de 2024

LER POLA TOLERANCIA

Mañá, sábado 16 de novembro, conmemórase o Día da Tolerancia. O noso andel diverso agarda a túa visita. Hai moito e moi interesante por ler nel.



25 DE NOBREMBRO NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA

A semana que vén conmemoramos o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres e, como cada ano, a BiblioAntioquía fai as súas propostas:

1. Día violeta. Visibiliza o teu compromiso coa data vestindo unha prenda violeta o luns 25 de novembro.

2. Agasallaremos pulseiras violetas no recreo.

3. Daremos a coñecer o cartel deste ano.

4. Lembraremos o manifesto escrito por alumnado fai uns cantos cursos.

5. Invitarémoste a escoitar a nosa playlist para esta data.

E non esquezas pasar pola sección da biblioteca de lecturas pola igualdade.


luns, 4 de novembro de 2024