venres, 22 de decembro de 2023
OS CONCURSOS DE NADAL TEÑEN GAÑADORES
OBRADOIRO DE ESTRELAS E BOLAS DE NADAL
venres, 15 de decembro de 2023
UN ANO MÁIS, GRAZAS!
Rematada a III Feira do Libro de segunda man, só queda darvos as grazas a toda a comunidade educativa: por comprar, por botar unha man nos recreos, polo tempo adicado, polas doazóns, e porque sen a vosa colaboración o obxectivo nos estaría cumprido, e máis que cumprido! Se o obxectivo eran 300 euros, a recaudación ascendeu a 415 euros que xa están ingresados na conta do Banco de Alimentos.
Que saibades que Belén, alma mater de esta actividade, xa está mergullada na organización da cuarta edición deste evento. Acadaremos os 500?
luns, 11 de decembro de 2023
MERCADILLO A BENEFICIO DO INTERCAMBIO CON FRANCIA
O alumnado de Francés prepara o seu intercambio con Francia. Para financiar a actividade, durante esta semana venderán complementos, obxectos de decoración e demais detalliños de segunda man.
luns, 4 de decembro de 2023
AO PÉ DA LETRA DOS MÁIS NOVOS
O clube de lectura dos máis noviños abriu hoxe o curso lector cunha reunión con Sabela Álvarez Veloso, alumna de 1º de Bacharelato do noso instituto. Sabela publicou este verán a súa primeira novela, El bosque rojo, e quen mellor ca ela para presentar o seu libro. Os intres con ela foron unha preciosa invitación á lectura e á escritura como actividades de lecer.
venres, 1 de decembro de 2023
DECEMBRO DE CONCURSOS
Participa nos concursos de decembro.
Empezamos polo tradicional Concurso de postais de Nadal e de paisaxes de inverno.
O premio consiste en material de debuxo ao que se sumará un agasallo sorpresa.
E seguimos coa ambientación do centro. Desta vez toca facer unha árbore de Nadal con materiais reutilizados. Polo tanto, debe ser unha árbore sustentable, 3R e 3D.
Lembramos que no concurso de decoración de aulas por Nadal de decembro de 2022 producíronse desperfectos nas aulas que derivaron no repintado das mesmas durante o verán, así que dende principios deste curso escolar está prohibido pegar carteis, decoración e demais nas paredes das aulas, dos corredores e doutros espazos do instituto. Por este motivo, procederemos á descalificación das aulas nas que non se respecte esta prohibición.
O premio, neste caso, será para a aula-grupo que presente a mellor árbore 3R-3D. Aínda que é un premio grupal, cada alumno/a do grupo recibirá un vale canxeable na cafetería.
mércores, 29 de novembro de 2023
O NOSO PROXECTO SOLIDARIO
Un ano máis, e xa van tres, organizamos a nosa feira solidaria do libro de segunda man. De novo, este curso, eleximos como destinataria unha obra social de proximidade e repetimos co Banco de Alimentos de Ourense, que fai unha labor impagable nos tempos que corren.
Polo noso posto de libros atoparás todo tipo de literatura: infantil, xuvenil, misterio, historia, ciencia ficción, novela romántica, entre outros xéneros, pero tamén cine, non ficción e outras pequenas sorpresas... A procedencia dos libros é variada. Baséase en doazóns privadas, en compras en webs solidarias, neste caso, Libros Melior, en intercambios con outras bibliotecas, coma neste caso a Biblioteca Municipal de Celanova, que cambia libros por kilos,... Tamén compramos na librería ourensá Re-Read, que adoitan agasallarnos coas súas recomendacións para o alumnado, pero tamén con algún libro extra.
Con este proxecto favorecemos a limpeza dos andeis das casas da nosa comunidade educativa, para facerlle oco ás novidades, contribuímos a darlle unha segunda vida áos libros, ofrecemos cultura a prezos atractivos e, sobre todo, favorecemos a educación en valores, especialmente, a solidariddade.
E non podemos pechar esta entrada sen citar a Ana Belén Figueira, profe de Inglés, colabora incansable na dinamización da BiblioAntioquía e principal responsable de que esta proposta creza ano a ano. Grazas pola implicación persoal, polas horas extra, pola labor de investigación sobre os gustos literarios da comunidade educativa e polos bos intres que pasamos contigo no recreo véndote vender area no deserto.
Aínda queda moito por ver. Agardámoste na porta da biblio.
BARATOS E SOLIDARIOS!
Aínda quedan días e temáticas diversas, pero non esquezas dar unha voltiña nos recreos pola porta da BiblioAntioquía.
martes, 28 de novembro de 2023
QUE TEMOS PARA HOXE?
Non te esquezas de pasar polo noso posto de libros na porta da BiblioAntioquía, cada día haberá novidades e sorpresas coas que disfrutar da lectura. Aquí deixamos o menú...
luns, 27 de novembro de 2023
A BIBLIOANTIOQUÍA COMPROMETIDA CON 25 DE NOVEMBRO
Un ano máis a BiblioAntioquía visibiliza o seu compromiso coas mulleres nesta data tan especial a través da promoción de diferentes iniciativas. Ademais, de elaborar o cartel oficial do noso centro, volvemos ir máis aló...
Para conmemorar o 25 de novembro, integrantes do clube de lectura repartiron pulseiras, vestimos o noso manequín violetas e rodeámolo de mensaxes cheos de significado...
III FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN
Entre os días 27 de novembro e 5 de decembro celebramos a nosa III Feira solidaria do libro de segunda man, de novo, a beneficio do Banco de Alimentos de Ourense. E desta vez temos un obxectivo...
venres, 24 de novembro de 2023
XA ESTAMOS A PUNTO!
Temos xa preparado o posto de libros solidarios e este ano temos un obxectivo... A polos 300 euros!
De novo, os fondos que se recauden serán ingresados na conta do Banco de Alimentos de Ourense.
mércores, 22 de novembro de 2023
AO PÉ DA LETRA NAS TERTULIAS DE ALLARIZ
martes, 21 de novembro de 2023
martes, 14 de novembro de 2023
TEMOS NOVIDADES!
Como sabedes, este curso temos nova profe de Filosofía, Anaís, que ademais forma parte do grupo de traballo da BiblioAntioquía. Precisamente foi ela quen nos trouxo novidades en forma de lectura para a súa materia.
Dalle a volta á Filosofía con algunhas destas propostas!
luns, 6 de novembro de 2023
PRIMEIROS AGASALLOS DO CURSO CO SAMAÍN
Velaquí temos aos gañadores e gañadoras dos concursos de Samaín.
XA VICHES AS CÉLULAS?
O Departamento de Bioloxía organizou de novo o seu concurso de células. Velaquí unha mostra das células deseñadas polo alumnado de 1º ESO:
mércores, 1 de novembro de 2023
luns, 30 de outubro de 2023
mércores, 25 de outubro de 2023
OBRADOIROS DE SAMAÍN
A BiblioAntioquía ofréceche a posibilidade de que participes na decoración de Samaín, estás a tempo de acudir aos nosos obradoiros dos recreos.