luns, 30 de outubro de 2023

mércores, 25 de outubro de 2023

OBRADOIROS DE SAMAÍN

 A BiblioAntioquía ofréceche a posibilidade de que participes na decoración de Samaín, estás a tempo de acudir aos nosos obradoiros dos recreos.














luns, 16 de outubro de 2023

LETRAS FEMININAS

 Aquí está a nosa exposición de fondos en conmemoración do Día das Escritoras.











MÁIS ALÓ DA TINTA E DO PAPEL

Nesta primeira gran cita do curso queremos aproximarvos ás grandes mulleres das letras españolas a través desta selección de reportaxes audiovisuais, entrevistas,... Toda unha homenaxe a esas nenas que un día soñaron - ou non - con ser alguén, que foron testemuñas dunha época e que inevitablemente xa forman parte da historia da literatura ou están no camiño.

Recomendamos especialmente, pola temática, esta entrevista da crítica literaria e poetisa Yolanda Castaño.

YOLANDA CASTAÑO


LAS SINSOMBRO



CARMEN LAFORET


OLGA NOVO



CARMEN MARTÍN GAITE

EMILIA PARDO BAZÁN 

MARÍA LEJÁRRAGA


DÍA DAS ESCRITORAS

Onte, 15 de outubro, celebrouse a festividade de Santa Teresa de Jesús, e hoxe, luns 16 de outubro conmemoramos o Día das escritoras. Velaquí as interesantísimas seleccións de textos propostas por PLAMBE para desfrutar da lectura nun día de choiva coma o que se nos presenta.


Ademais agardamos a vosa visita á exposición de libros de autoras galegas que decorará a biblioteca durante esta semana.

luns, 2 de outubro de 2023

AO PÉ DA LETRA INICIA UN NOVO CURSO


O Club de Lectura Ao pé da Letra, que ten a súa sede principal na BiblioAntioquía, abre de novo as súas portas. 

Queres formar parte dun clube no que convivir e compartir experiencias ao abeiro da lectura? 

Pasa por Vicedirección e coméntallo a María Garrido. 

Ao pé da Letra, moito máis ca ler!