mércores, 27 de novembro de 2019

Clara Campoamor vs.Victoria Kent. O voto feminino en España

La imagen puede contener: una persona
Celia Pereira, avogada, responsable da edición do libro




25 de Nov. Día mundial da violencia contra a muller. Magnífica xornada co alumnado. Celia Pereira, presentounos o libro de Clara Campoamor traducido ao galego O meu pecado mortal. Escenificación e debate perante a controversia do voto fiminino na II República entre a propia Campoamor e Victoria Kent.
Parabéns pola xornada aos departamentos de Latín, Lingua castelá, Historia, Matemáticas, Orientación... Imos seguir implementando a loita pola igualdade no centro. Grazas a tod@s
La imagen puede contener: 3 personas, personas sentadas e interior

Aquí podedes ver un pequeno video do acto.

La imagen puede contener: una o varias personas e interior
Diana e Laura Valeria puxéronlle voz e rostro ás  posturas das dúas únicas mulleres do Parlamento




luns, 25 de novembro de 2019

25 de novembro. Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller


Levamos tempo teimando por facer do noso centro e da nosa biblioteca un punto de loita contra esta tara da nosa sociedade.
Este ano, como participantes no club de letras da Consellería de Educación, aínda imos ter máis traballo que facer, empezando nun día tan sinalado coma este.






Hoxe teremos unha actividade centrada nun dos logros que máis lle custou conseguir ás mulleres, e non só no noso país: o dereito ó voto.
Coñeceremos por boca de Celia Pereira Porto, doutora en dereito e avogada laboralista, editora do libro O meu pecado mortal. O voto feminino e máis eu de Clara Campoamor, como foi ese proceso en España.
Ademais, o alumnado que traballou sobre o tema nas aulas, participará coas súas opinións ou valoracións!
Prometemos imaxes!

mércores, 20 de novembro de 2019

Achegámonos aos tribunais

O Colexio da Avogacía de Ourense invitou o noso alumnado da asignatura Valores éticos a asistir a unha sesión de xuizos. Foron acompañados por MªJosé Mosquera e José Luis Vidal.
A experiencia foi moi interesante, polo que nos contaron as persoas que participaron. Ademais de ver in situ como se desenvolve un xuízo, puideron presentarlle á xuíza e á fiscal as súas inquedanzas.
As dúbidas e sensacións que son difíciles de atopar nos libros da nosa biblioteca, solucionáronse e percíbíronse coa experiencia directa.
Parabéns a todo o equipo implicado!

luns, 18 de novembro de 2019

E agora en Facebook!

Queremos expandirnos polas redes e por iso ampliamos a nosa presenza  nos espazos internáuticos máis populares.

Comenzamos, no facebook,  AQUÍ


No hay ninguna descripción de la foto disponible.

martes, 12 de novembro de 2019

O CLUBE DE LECTURA DE PRIMEIRO DE ESO XA ESTÁ EN MARCHA!!!

 Como todos os cursos botamos a andar diferentes clubes de lectura para o noso alumnado. Estreámonos co de 1.º de ESO porque nos fai unha especial ilusión. A lectura escollida para iniciar o camiño é Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. 
Xa temos a lectura case rematada. Só nos queda unha reunión para falar de como se desenvolve o final, para pasar despois á actividade estrela que tanto esperamos: o visionado da película El manzano azul, que sendo do ano 2012, ten moitas concomitancias coa novela, ou a novela coa película... Despois do filme discutiremos sobre os aspectos en común e sobre os diverxentes. Realizaremos esta actividade no descanso do comedor o luns 25 de novembro.


luns, 11 de novembro de 2019

Concurso microrrelatos



Proximamente publicaremos os microrrelatos premiados para poder disfrutar deles!!!!!!






PARABÉNS, PARTICIPANTES!!!

luns, 4 de novembro de 2019

Recoñecementos ao noso alumnado



A semana pasada chegáronnos dúas fermosas sorpresas: Adrián Ramos resultou premiado na modalidade de música, na Cidade da Cultura, no encontro da mocidade. Recolle a nova O Correo galego




E tamén, o grupo de alumnos de 2º e 1º de Bacharelato que participaba no concurso de debate económico, acadaron o segundo posto, nunha apretadísima final, que os deixou fóra da fase nacional por tan só un punto de diferencia co equipo gañadar, do colexio Franciscanas de Ourense.
Recolle a nova La Voz de Galicia.