Coa primavera chega tamén o Día da Poesía e na biblio ofrecémosvos a posibilidade de participar nun novo concurso. Aquí vai a proposta:
luns, 20 de marzo de 2023
venres, 17 de marzo de 2023
AS MATRIOSKAS DE MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE
Este venres os alumnos e alumnas de 1º ESO recibiron unha agardada e grata visita: Marisol Ortiz de Zárate, autora de Las lágrimas de la Matrioska, novela que foi a súa primeira lectura obligatoria na súa aventura no instituto. Aínda que a organización do evento correu a cargo do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, a biblioteca tamén colaborou organizando a benvida á autora.
Desta vez quixemos recibila dunha forma diferente e unha pequena representación dos dous grupos de 1º animouse a escribir esta carta que con enorme ilusión lle leron a Marisol:
xoves, 16 de marzo de 2023
XOGAMOS E APRENDEMOS COA PLASTILINA
O alumnado de 1º ESO está a estudar as civilizacións grega e romana en Xeografía e Historia, e así demostran o que aprenderon da arquitectura clásica...
Agradecemos a Abraham o agasallo de contar coa BiblioCidade para a exposición do traballo do seu alumnado.
venres, 10 de marzo de 2023
NO MUSEO DO VIDEOXOGO
Parte do alumnado do noso centro pasou unha intensa xornada no Museo do Videoxogo de Cangas, cunha actividade organizada polo Departamento de Inglés. Aquí deixamos a ligazón que nos fixeron chegar para que desfrutedes dun recordo en forma de foto:
https://photos.app.goo.gl/dbrAFd9tPFe6wSk16
Agardamos que pasarades un día inesquecible!
mércores, 8 de marzo de 2023
8 DE MARZO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Anxela, Belén e Esther, xunto cos seus rapaces e rapazas, fixeron visible o 8 de marzo polos corredores do instituto. Aquí vai unha mostra para a reflexión.
xoves, 2 de marzo de 2023
CON CIBRÁN SANTAMARINA NO LAGOA DE ANTELA
O Departamento de Física e Química organizou unha charla con Cibrán Santamarina para o alumnado de 4º e de bacherelato de ciencias, actividade á que foi convidado o alumnado do IES Lagoa de Antela. Tendemos pontes con veciños e pasamos uns intres moi interesantes ao abeiro da ciencia.