Ao longo desta semana o noso alumnado de 1º e 2º ESO viviu unha fabulosa experiencia dixital.
Esta Escape Room Dixital é un xogo académico deseñado por profesores en activo para alumnos/as de 1º ESO (permitido 6º Primaria) e para alumnos/as de 2º ESO no que os diferentes equipos (de 3-4 participantes) deberán resolver cinco retos relacionados coas materias de Lingua Española, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Matemáticas, Música/Arte.
O obxectivo non era so pasar un rato divertido, senón demostrar as destrezas académicas dos grupos participantes: búsqueda crítica de información, recordar coñecementos, comprender e relacionar conceptos, traballo en grupo, asertividad, competencia dixital...
Foi unha actividade aberta para calquera centro educativo que quixera participar.
Para levala a cabo, os 4 grupos de 1º e 2º ESO foron pasando pola Aula de Informática (cada un no seu turno), e en equipos de 3-4 estudantes intentaron resolver os diferentes retos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario