No día de hoxe, Nicanor Alonso e Miguel Mirás (profesores titulares da Universidade de Vigo) acompañáronos para dar unha charla de divulgación matemática ao alumnado de 1º e 2º ESO, na primeira quenda, e de 3º e 4º ESO, nunha segunda quenda.
A charla levaba por título "Linguaxe matemática. Os símbolos matemáticos e a súa evolución".
Nesta charla fixeron un percorrido pola historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroflíficos exipcios ata a sofisticada notación actual. Estes símbolos constitúen a máis internacional das linguas existentes e son relativaemnte recentes, pero non hai dúbida de que grazas a eles a ciencia matemáticas coñeceu un desenvolvemento espectacular nos últimos séculos.
A charla tivo unha perspectiva lúdica, e presentou xogos, enigmas e pasatempos baseados nestes símbolos, ao tempo que se contaron anécdotas sobre os seus inventores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario