xoves, 30 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ


No 1º recreo do venres, 31 de xaneiro, na BIBLIOTECA terá lugar un recital de poemas a cargo de alumnado e profesorado do centro.
Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño (Gandhi)

Unha cancionciña: Tristes guerras de Paco Damas

mércores, 29 de xaneiro de 2014

Día da Ilustración en Galicia. 30 de Xaneiro

A data escollida para esta celebración coincide co nacemento de Castelao, un dos grandes ilustradores galegos.
O  cartel de presentación desta data foi deseñado por Miguelanxo Prado, autor ó que lle temos especial querencia na nosa biblioteca. Aquí podedes ver as actividades programadas para as bibliotecas Nodal de Galicia con motivo deste día,

venres, 24 de xaneiro de 2014

Ler ciencia na biblioteca escolar

Durante este mes de xaneiro sacamos á luz libros científicos que se mantiñan agochados na nosa biblioteca. Ademais mercamos algúns novos, froito das suxestións dalgúns de vós:
                Atréveste a ler ciencia na biblioteca? Quizais leves unha sorpresa cando leves un deses libros para a casa.
Ilustración de Patricia Castelo

NOVIDADES. CÓMIC

Estas son as últimas compras de banda deseñada que fixemos:


  • ARDALÉN de Miguel Anxo Prado, premio Nacional de Cómic.
  • ASTÉRIX E OS PICTOS. Nova entrega da saga Astérix e Obélix, cunha importante nova: os seus creadores, Goscinny e Uderzo, deixan paso a un novo debuxante, e un novo guionista. Que vos parece o resultado?

TRES MULLERES DE ACTUALIDADE

Por distintos motivos estas tres mulleres apareceron nos xornais ó longo do primeiro trimestre do curso. Por iso decidimos darlle un lugar relevante nos andeis da nosa biblioteca.
Saberiades dicir cal foi a causa da súa actualidade? (Hai premio para a primeira resposta correcta)
  • DORIS LESSING
  • ALICE MUNRO
  • ELENA PONIATOWSKA


venres, 17 de xaneiro de 2014

VOLVEMOS!

Despois dunha paréntese dun par de anos, comezamos unha nova etapa enganchándonos ó blog anterior creado e alimentado con paixón por Ana Mª Fidalgo. Alí están gardados os tesouros que foron atopando lectores do I.E.S. Cidade de Antioquía ós que recordamos agradecidas.
Agardamos que esta nova viaxe sexa, como mínimo, grata.
Levamos áncoras!
Biblioteca do IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia)