martes, 25 de abril de 2023

A REVOLUÇÂO DOS CRAVOS

25 de abril de 1974. Madrugada. Portugal… E unha dictadura de 48 chega á súa fin coa Revoluçâo dos Cravos.

Esta mañá a entrada á BiblioAntioquía espertou así.


Un anaco de historia que paga a pena coñecer e un montón de libros en portugués dos que podes disfrutar na túa biblioteca.

domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO E DO CINE

 Co gallo do CineCidade, adicamos este 23 de abril á literatura levada ao cine. Montamos na porta da BiblioAntioquía unha orixinal exposición de libros acompañados da súa versión cinematográfica. 

E tin que prefires: o libro ou a peli?


Ademais, Belén Figueira preparou un dos seus concurso de preguntas QR. Anímate a participar!



venres, 21 de abril de 2023

SALVE, CIDADE DE ANTIOQUÍA!

 O 21 de abril do ano 753 a. C. aconteceu un feito que, sen dúbida, cambiaou o rumbo da historia de Europa: a fundación de Roma. Para conmemoralo, Óscar Soto, profesor de linguas clásicas, organizou esta exposición que nos pasea pola historia, polo latín e pola Limia romana.

 





 Disfrutade da exposición e do voso traballo.

xoves, 20 de abril de 2023

OS PREMIOS DO CINECIDADE

 Xa están decidos cales serán os premios do I Festival de curtas CineCidade


ANTIOQUIÑO Á MELLOR CURTA:

Trofeo.

Diploma acreditativo.

Cheque regalo por valor de 75 euros no comercio local elexido polos/as gañadores/as.

Agasallo sorpresa.


ANTIOQUIÑO ESPECIAL DO PÚBLICO:

Trofeo.

Diploma acreditativo.

Cheque regalo por valor de 75 euros no comercio local elexido polos/as gañadores/as.

Agasallo sorpresa.


ANTIOQUIÑO AO MELLOR DOCUMENTAL:

Trofeo.

Diploma acreditativo.

Cheque regalo por valor de 50 euros no comercio local elexido polos/as gañadores/as.

Agasallo sorpresa.


ANTIOQUIÑO Á EDUCACIÓN EN VALORES:

Trofeo.

Diploma acreditativo.

Cheque regalo por valor de 50 euros no comercio local elexido polos/as gañadores/as.

Agasallo sorpresa.


ANTIOQUIÑO RECREACIÓN:

Trofeo.

Diploma acreditativo.

Cheque regalo por valor de 50 euros no comercio local elexido polos/as gañadores/as.

Agasallo sorpresa.

martes, 18 de abril de 2023

CELANOVA: PUNTO DE ENCONTRO LECTOR

Aquí está a sorpresa da sección dos máis recentes integrantes de "Ao pé da Letra"!
Este 17 de abril  "Ao pé da Letra" - 1º e 2º ESO achegouse a Celanova para desfrutar da lectura dende unha perspectiva diferente.  Alí, viviron unha intensa xornada na que conviviron co club de lectura do IES Ferro Couselo de Ourense, compartiron impresións con David Pérez Iglesias, autor de Todo o tempo do mundo, e asistiron á proxección do filme venezolano El manzano azul, dirixido por Olegario Barrera. Tampouco podemos esquecer o emocionante reencontro con Mª Xosé Fernández Casas, ata o curso responsable de "Ao pé da Letra", e actualmente, profesora e coordinadora do club de lectura do IES Ferro Couselo.





Dende esta biblioteca e dende a coordinación do Clube de lectura do IES Cidade de Antioquía, queremos agradecer á Fundación Curros Enríquez a súa cordial acollida para o encontro co autor e para a proxección.
Mil grazas por todo e por gardarnos nun oquiño das vosas redes sociais.


luns, 17 de abril de 2023

XA ESTÁN CHEGANDO!

 Aproveitamento do medio é unha das asignaturas que se imparten nos ciclos formativos do IES e Rosalía, profe de ciclos e membro do equipo de biblioteca durante este curso, fixo a súa proposta para crear os Antioquiños baseada precisamente no aproveitamento e nos compromisos da BiblioAntioquía cos ODS.

Este é o proceso que está levando a cabo:

 





 

venres, 14 de abril de 2023

AS MATEMÁTICAS TAMÉN DAN XOGO

No día de hoxe, Nicanor Alonso e Miguel Mirás (profesores titulares da Universidade de Vigo) acompañáronos para dar unha charla de divulgación matemática ao alumnado de 1º e 2º ESO, na primeira quenda, e de 3º e 4º ESO, nunha segunda quenda.

A charla levaba por título "Linguaxe matemática. Os símbolos matemáticos e a súa evolución".


Nesta charla fixeron un percorrido pola historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroflíficos exipcios ata a sofisticada notación actual. Estes símbolos constitúen a máis internacional das linguas existentes e son relativaemnte recentes, pero non hai dúbida de que grazas a eles a ciencia matemáticas coñeceu un desenvolvemento espectacular nos últimos séculos. 


A charla tivo unha perspectiva lúdica, e presentou xogos, enigmas e pasatempos baseados nestes símbolos, ao tempo que se contaron anécdotas sobre os seus inventores.