martes, 18 de abril de 2023

CELANOVA: PUNTO DE ENCONTRO LECTOR

Aquí está a sorpresa da sección dos máis recentes integrantes de "Ao pé da Letra"!
Este 17 de abril  "Ao pé da Letra" - 1º e 2º ESO achegouse a Celanova para desfrutar da lectura dende unha perspectiva diferente.  Alí, viviron unha intensa xornada na que conviviron co club de lectura do IES Ferro Couselo de Ourense, compartiron impresións con David Pérez Iglesias, autor de Todo o tempo do mundo, e asistiron á proxección do filme venezolano El manzano azul, dirixido por Olegario Barrera. Tampouco podemos esquecer o emocionante reencontro con Mª Xosé Fernández Casas, ata o curso responsable de "Ao pé da Letra", e actualmente, profesora e coordinadora do club de lectura do IES Ferro Couselo.





Dende esta biblioteca e dende a coordinación do Clube de lectura do IES Cidade de Antioquía, queremos agradecer á Fundación Curros Enríquez a súa cordial acollida para o encontro co autor e para a proxección.
Mil grazas por todo e por gardarnos nun oquiño das vosas redes sociais.


Ningún comentario:

Publicar un comentario