venres, 31 de xaneiro de 2020

Día da ilustración

As nosas novas para este día

No día do nacemento de Castelao, coa fin de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano homenaxéase un ilustrador histórico galego. Este ano sácase a luz o ilustrador ourensán Cándido¨Fernández Mazas, un adiantado ó seu tempo.






Neste video podedes ver un resumo da súa vida.





mércores, 22 de xaneiro de 2020

Clubes de lectura

 Este ano as tertulias literarias reunirán a alumnado de quince centros educativos da provincia. As lecturas seleccionadas son O meu nome é ninguén de Manuel Esteban e Mala herba de Manuel Jabois.
No Cidade de Antioquía xa están a preparar as xuntanzas.
E, por outra banda, o clube de lectura de persoas adultas está a disfrutar coa Feliz idade de Olga Novo.





luns, 20 de xaneiro de 2020

Club de letras. Obradoiro de Banda deseñada con Jorge Campos

Un dos proxectos do club de letras no que participamos este curso consiste en plasmar en imaxes con texto unha obra de hai máis de dous mil anos, Lisístrata, na que as mulleres rompen coas regras impostas e deciden tomar decisións das que adoitan estar afastadas.
Jorge Campos é un ilustrador ourensán, autor de obras tan marabillosas coma estas.



ALTER-NATIVO



O pasado luns, acompañou o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, de latín e grego, nun obradoiro no que teoría e práctica foron da man.
Agora toca traballar!

luns, 13 de xaneiro de 2020

Boletín do primeiro trimestre

Neste enlace podedes ver o resumo das moitas actividades que fixemos no primeiro trimestre. Esquecemos algo? Avísanos!

E xa está iniciamos o do segundo trimestre. Gústavos a portada creada por Lucía Rodríguez?