luns, 8 de abril de 2019

Estamos en obras. Estamos en obradoiros

Queremos crear espazos axeitados á diversidade.

Tinguimos de cor a esquina máis luminosa da biblioteca, para recibir os libros máis diversos, solidarios e libres.






E a estrea foi de luxo: Obradoiro de ilustración a cargo dos nosos veciños artistas de ESPACIO MATRIOSKA para alumnado participante no proxecto de excelencia do noso instituto. 


FELI ALOGO, unha historia real de loita contra as dificultades

O pasado 29 de marzo, seguindo coa nosa teima sobre a igualdade que  


XA SE ESCAPA POLAS 

FIESTRAS DE 



BIBLIOANTIOQUÍA 

ACOMPAÑOUNOS  Feli  Alongo presentada por Delfín Caseiro. Esta muller guineana contounos a súa historia de superación das dificultades. 
Con catro anos perdeu a vista, pero nin iso nin os impedimentos que, no seu país, se lle puñan ás mulleres que querían saltar barreiras e saír do reducto de traballo e maternidade ó que se vían destinadas, puideron con ela. Estudiou dereito, fala perfecto galego, escribe e conta a súa experiencia e o seu proxecto vital, que se pode resumir con estas palabras: 

 "Hai que ser capitalistas cos pensamentos, e sacar estratexias para resolver os problemas".


 Unha lección de vida que recollía o xornal La Región.


luns, 1 de abril de 2019

Poesía, poesía!

A poesía saíu da Biblioteca para tentar a quen entra pola porta do Cidade de Antioquía!

Atrévete a probala!