E chegamos á última pregunta...
Depositadas as follas de participación no buzón de Nadal, procedemos á revisión de respostas e ao sorteo dos premios entre os máximos acertantes.
Velaquí os nosos gañadores...
E chegamos á última pregunta...
Depositadas as follas de participación no buzón de Nadal, procedemos á revisión de respostas e ao sorteo dos premios entre os máximos acertantes.
Velaquí os nosos gañadores...
Este ano fixéronse esperar, pero aquí están.
Parabéns para a Xiana e Aroa, alumnas de 1ª ESO, gañadoras deste certame.
O Departamento de Física e Química felicítanos o Nadal dunha forma diferente e en varios idiomas.
Bo Nadal para toda a comunidade educativa e especialmente para o alumnado de Mar que fixo posible este mural.
Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa implicación coa II Feira solidaria do libro de segunda man. O ano pasado, a doazón á Cruz Vermella foi de case 200 euros, pero este ano supámonsos:
290 euros!
Transmitimos dende a BiblioCidade a ledicia e gratitude do Banco de Alimentos de Ourense, que xa confirmou a recepción do ingreso. Aínda que nos deron a total liberdade de facer unha transferencia ou unha compra, decidímonos pola primeira opción porque, nestas datas, hai moitas doazóns de productos aos que lles deben dar saída obrigatoriamente. Porén, hai meses nos que a solidaridade descende e escasean as existencias, así que nós contribuiremos a que, cando falte algo no almacén, podan adquirilo.
E preparádevos, porque haberá III Feira solidaria do libro de segunda man. Xa estamos traballando para ela.
O sorteo da Lotería, turrón, familia, vacacións,... O Nadal chega tamén á nosa biblioteca.
Seguro que, nalgún momento, vencellados aos decembros da túa infancia, coñeciches eses almanaques que ocultan doces, chocolates... nas lapelas de cada día do mes. Son os calendarios de Advento. Este decembro invitámoste a completar o teu propio almanaque de Advento respondendo a unha pregunta cada día.
Recolle a túa folla de participación e presta atención á pizarra blanca que está na entrada da BiblioCidade.
Anímate a demostrar que es ti quen máis sabe do Nadal!
O ano pasado puxemos en marcha unha iniciativa solidaria que pretendemos que dure moitos cursos. Trátase da Feira solidaria do Libro de segunda man. O curso pasado adicamos a recaudación aos nenos e nenas refuxiados de Ucraína (vía Cruz Vermella) e o presente curso decidimos que sexa o Banco de Alimentos de Ourense o que reciba a nosa aportación.
A actividade arranca hoxe e rematará o 9 de decembro. Xa sabedes que nos centramos na venta de libros aos membros da comunidade educativa a 1 e 2 euros. Os mencionados libros proceden de doazóns por parte do profesorado e alumnado do centro; ademais, contamos coa colaboración especial do Departamento de Inglés, que fixo varias compras de libros de segunda man que vendemos por debaixo do seu prezo, pois a fin non é lucrarse, senón aprender valores que nos aproximen ao coñecemento dos ODS que promove a Axenda 2030. Estes libros de segunda man que se compran proceden dunha ONG tamén solidaria, libros.madrecoraje.org, de modo que o noso proxecto solidario é dobre.
A maiores esta vez, teremos días temáticos: o día das triloxías, o día da cita a cegas cos libros, o día dos complementos,...
E por que facemos todo esto? Por un sinxelo motivo: porque somos privilexiados e sería unha mágoa que dende a nosa posición non fixeramos nada. As veces doamos libros, outras doamos e compramos, outras só compramos; a forma de participar neste evento é o de menos, o importante é ser parte dun movemento solidario escolar que, sobre todo, educa en valores.
Pasade e botade unha ollada ao noso compromiso cos demais e co futuro. Estamos na porta de biblioteca.
A BiblioCidade celebrou este 25 de Novembro agasallando ao alumnado con bandas violetas, unha forma de mostrar cos nosos pulsos que no IES Cidade de Antioquía estamos no camiño. Voaron!
Moitas grazas, Celsa, pola túa colaboración para facer chegar o agasallo!
Para non interferir nas actividades organizadas no recreo para este 25 de novembro, Óscar Soto decidiu adiar a próxima cita cos clásicos ao próximo venres, 2 de decembro.
Esta semana celebramos o día da música. Nun centro tan musical coma o noso non podía faltar un concurso.
A que esperas para xogar coas melodías e as letras?
Iniciamos a semana para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Coma cada ano, Susana Moure, profesora de Xeografía e Historia, e o seu alumnado renden homenaxe a todas esas mulleres que neste 2022 perderon a vida pola violencia de xénero.
Ademais, deseñaron unha chea de carteis nos que reivindican o papel da muller na sociedade, a súa liberdade, os seus dereitos e a educación como medio para acadar a igualdade.
Non esquezades que algunhas das profesoras do centro teñen preparada unha actividade especial o mesmo venres ás 10:50.
Desta vez, deixaremos o corazón e quedaranos pegada.
Dende agora contarás na biblio cun marabilloso buzón no que recopilaremos experiencias nas que a tolerancia sexa a protagonista. Coñeces a alguén que non se atreve a manifestarse tal cal é por medo? Que lle dirías? O comportamento dalgún coñecido espertou a túa admiración pola súa seguridade ao mostrarse diferente?
Comparte con nós as túas vivencias!
Xa rodan polo centro os novos carteis que nos aproximan a outro clásico.
Non esquezas a túa cita mensual cos clásicos na BiblioCidade!
Aquí tedes ás gañadoras dos concursos de ilustración e de fotografía deste curso.
Parabéns, rapazas! Que sexa a primeira de moitas!
Hoxe Roberto, Anxo, Saínza, Jimena, Jose, Adam, Joel e Íker disfrutaron coma nunca da Hora de Ler.
Aproveitando que damos clase nunha sala á que se accede a través do salón de actos, subímonos ao escenario para facer unha lectura dramatizada dunha pequena obriña de teatro que ten coma protagonista á natureza, e coa que tamén aprendimos a importancia de tenderlle a man desinteresadamente a quen precisa axuda.
A pesar de que as cadeiras deixaban pouco espazo, o talento desbordou a sala e descubrimos que certo "paxariño" é un actor en potencia.
Pasámolo tan ben, que non tardaremos en repetir. Non será preciso que volva ser Hora de Ler...
A BiblioCidade ten unha ampla oferta de lecturas "científicas" para este mes de novembro.
Se che apetece ler ciencia, da unha volta pola biblio e vótalle unha ollada á escolma:
Abrimos o mes de novembro con diferentes actividades orientadas a achegar a ciencia ao noso día a día.
Na entrada principal atoparás un panel no que poderás ler noticias publicadas en diferentes medios de comunicación relacionadas coa ciencia.
Recorda que aínda podes participar no concurso de monólogos científicos e que con el poderás disfrutar dun almorzo gratuito e dun regaliño sorpresa...
E, como non, o noso manequín do proxecto Mulleres (IN)visibles homenaxeará a diferentes mulleres científicas. Agarda e verás o que novembro trae para aprender!
Esta semana viaxamos á Lúa con Luciano de Samosanta.
Alí descubrimos unha chea de acontecementos e de seres extraordinarios creados por un filósofo e autor que manifestou abertamente a súa intención de escribir, coma os demais, do que non sabía... E a fantasía púxose ao mando.
Neste paseo pola Lúa, tamén aprendimos que no grego afloran as palabras motivadas e que a imaxinación é un poderoso e fundamental instrumento para a vida.
E para rematar, non faltou a música. Nesta ocasión con The Waterboys e o seu tema The Whole fo The Moon.
Co gallo do Samaín, organizamos unha pequeña exposición de fondos nos que perderse estes días.
A biblioteca xa está preparada para Samaín e para Halloween. Despois dunha entretida semana de manualidades nos recreos, a decoración do noso alumnado enche o noso espazo.
E non cabe dúbida: un ano máis a actividade estrela volve ser o concurso fotográfico. Aquí están as fotos finalistas, pero proximamente poderedes disfrutar de todos os traballos entregados.
![]() |
O xurado teno complicado...