Albert Einstein afirmaba que era máis sinxelo desintegrar un átomo ca un prexuicio, e case 70 anos despois do seu pasamento, a súa reflexión segue a estar cargada de verdade.
Primeiro Mundo. 2022. Democracia. Liberdade. Dereitos humanos garantidos. Cantos logros acadados e cantos camiños iniciados cara unha sociedade mellor... Pero aínda así temos que escoitar afirmacións que só acoubillan odio e prexuicios.
Dende aquí o noso gran de area para seguir avanzando na tolerancia, porque é preciso que o noso alumnado saiba que, como dicía o Dalai Lama, "Cando entendas que hai outra forma de ver as cousas, entenderás o significado da palabra tolerancia".
E ti? Es tolerante?
Ningún comentario:
Publicar un comentario