luns, 29 de maio de 2023

ATA O PRÓXIMO CURSO!

Achéganse os exames finais e vai sendo hora de pechar temporalmente o curso lector 2022-2023, porque podes encher a mochila de boas lecturas para o verán na BiblioAntioquía. 

É hora de reflexionar para seguir crecendo. Estaremos aquí de novo o próximo curso.




domingo, 28 de maio de 2023

ANTONIO GALA, UN GRANDE

 Hoxe, 28 de maio, coñecimos a noticia da morte de Antonio Gala en Córdoba. Con el, vaise un dos autores máis importantes e versátiles da literatura española. Poesía, novela, teatro, ensaio, cine,... e cantas liñas máis de inxenio e sabiduría. Un imprescindible...


mércores, 17 de maio de 2023

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

1913. Lourenzá e Mondoñedo, terras de Cunqueiro. A montaña lucense foi o berce que acolleu os primeiros anos de vida de Fernández del Riego. Estudou Dereito entre Madrid e Comspostela e participou activamente na vida política como militante do Partido Galeguista. Despois trasladouse a Vigo, onde pasaría a maior parte da súa vida.

 Ideológo e pensador marcadamente progresista, sufriu, como tantos outros, o exilio tras 1936.  Lonxe ou preto, Galicia sempre foi o referente na súa obra: a cultura galega, o seu Dicionario de Escritores, Historia da Literatura galega, artigos de prensa e unha fugaz incursión na literatura con O Cego de Pumardeón. Pero o seus logros con Galicia trascenden as súas publicación, pois foi cofundador da Editorial Galaxia e e alma da Fundación Prezol case ata o seu pasamento; membro de Real Academia Galega, dos Seminarios de Estudos Galego.

Este 17 de maio conmemoramos a unha das figuras intelectuais da cultura galega máis laureadas. Xa viña sendo hora de facer honores a un dos impulsores de que este día exista no almanaque da cultura galega.

Podes coñecer máis desta figura intelectual nestas ligazóns e na BiblioAntioquía.

FRENÁNDEZ DEL RIEGO NA RAG

FERNANDEZ DEL RIEGO NA RAH




mércores, 10 de maio de 2023

E POR FIN CHEGARON OS ANTIOQUIÑOS

 E finalmente pasamos da idea inicial, que era esta:

 

A esto:

O material é o mesmo que estaba planificado: madeira. Pero a idea de Rosalía de darlle unha volta e facelo máis enxebre, máis noso, máis Antioquía, foi todo un acerto. O resultado: un precioso trofeo de castiñeiro pirograbado, económico, comprometido co planeta e sustentable.


E dende a coordinación desta biblioteca queremos agradecer a Rosalía o seu traballo e o detalle que tivo coa BiblioAntioquía para que conservemos un recordo deste proxecto.


 

 

martes, 9 de maio de 2023

CINECIDADE DE PROMOCIÓN

 Estamos a difundir a celebración do CineCidade entre o alumnado de 2º ESO, que xa prepara os seus proxectos na clase de Oratoria. 

Xa sabedes que contades co apoio da BiblioAntioquía para o voso traballo.

venres, 5 de maio de 2023

HOXE É O DÍA DA LINGUA PORTUGUESA


 Obrigado a María Garrido, profe de Portugués, por lembrarnos que hoxe é un día fantástico para dar a coñecer os fondos en portugués da BiblioAntioquía.