1913. Lourenzá e Mondoñedo, terras de Cunqueiro. A montaña lucense foi o berce que acolleu os primeiros anos de vida de Fernández del Riego. Estudou Dereito entre Madrid e Comspostela e participou activamente na vida política como militante do Partido Galeguista. Despois trasladouse a Vigo, onde pasaría a maior parte da súa vida.
Ideológo e pensador marcadamente progresista, sufriu, como tantos outros, o exilio tras 1936. Lonxe ou preto, Galicia sempre foi o referente na súa obra: a cultura galega, o seu Dicionario de Escritores, Historia da Literatura galega, artigos de prensa e unha fugaz incursión na literatura con O Cego de Pumardeón. Pero o seus logros con Galicia trascenden as súas publicación, pois foi cofundador da Editorial Galaxia e e alma da Fundación Prezol case ata o seu pasamento; membro de Real Academia Galega, dos Seminarios de Estudos Galego.
Este 17 de maio conmemoramos a unha das figuras intelectuais da cultura galega máis laureadas. Xa viña sendo hora de facer honores a un dos impulsores de que este día exista no almanaque da cultura galega.
Podes coñecer máis desta figura intelectual nestas ligazóns e na BiblioAntioquía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario