venres, 29 de outubro de 2021

E CHEGOU O SAMAÍN!!!!

 O Samaín chegou a BiblioCidade con forza para atemorizarnos con lecturas de medo e cunha ambientación terrorífica. Toda a comunidade educativa participou desta festa con concursos e diferentes actividades nas que o terror foi o protagonista.




xoves, 28 de outubro de 2021

UN ESLOGAN PARA A BIBLIOCIDADE

Este ano celebramos o Día de Biblioteca cunha elección moi especial: o eslogan da nosa biblioteca. Dende a BiblioCidade plantexamos dúas opcións:

        - BiblioCidade... Un pórtico a mundos infinitos.

        - Le, soña, crea,... Vive a BiblioCidade!

A votación correu a cargo do noso alumnado que decidiu que o noso lema sexa... 

Esperade! Aínda non! Algún día entrarás na biblioteca e veralo exposto, pero de momento agárdanos unha longa espera.

FOTOS TERRORÍFICAS

 As votacións para elexir gañador ou gañadora están en marcha!

Aínda non lle botaches un ollo á exposición? 

Pasaralo de medo!

 



luns, 25 de outubro de 2021

UN EXPOSITOR SOSTIDO E SOSTIBLE

Se viñeches visitarnos, seguro que te deches conta de que temos expositor novo para os fondos audiovisuais. Eleximos un formato orixinal, porque permite a manipulación das películas e aproveita espazos perdidos. Ademais faise notar cando pasas ao seu carón un pouco deprisa...

Por que decimos que é un expositor sostido?


Evidente, non si? Está colgado nas barras das cortinas que habitualmente empregramos para a decoración.

Por que dicimos é sostible? Moi sinxelo. Eleximos un material téxtil de tecido natural, económico e de gran duración, e reutilizamos as argolas dun bolso vello.

O resultado está á vista. A de cousas que podemos facer co que aparentemente é inservible!


QUE SABES DO MUNDO VIRTUAL?

 

 

Le ciencia coa BiblioCidade!



domingo, 24 de outubro de 2021

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe domingo 24 de outubro Bibliocidade está de festa porque é o Día das bibliotecas. Para conmemoralo, o alumnado de 2.º ESO, capitaneado pola profesora Laura Cervera, creou este vídeo cheíño de referencias literarias nas que a biblioteca está moi presente. Desexamos que vos guste, fixémolo con toda a ilusión do mundo.



MANIFESTO DO LECTOR

 

 

Gústanme os libros longos con longas palabras.

Gústanme os libros pequenos con palabras curtas.

Leo libros nas tardes soleadas,

nas mañás chuviosas.

Libros ilustrados sen palabras,

libros de futuro con novas palabras.

En noites de insomnio,

en medio de conversas,

emprego libros coma portais a novos mundos,

coma oportunidades de coñecer nova xente.

Buscarei novos libros.

Lerei os que teño (algún día).

Coma escaleiras a novos coñecementos,

coma topes de porta, pisapapeis e matamoscas.

Prestareille os meus libros a outros

E soñarei con libros que aínda están por escribir…

                                                         GRANT SNIDER (Ilustrador e escritor)