venres, 15 de decembro de 2023

UN ANO MÁIS, GRAZAS!

Rematada a III Feira do Libro de segunda man, só queda darvos as grazas a toda a comunidade educativa: por comprar, por botar unha man nos recreos, polo tempo adicado, polas doazóns, e porque sen a vosa colaboración o obxectivo nos estaría cumprido, e máis que cumprido! Se o obxectivo eran 300 euros, a recaudación ascendeu a 415 euros que xa están ingresados na conta do Banco de Alimentos. 

Que saibades que Belén, alma mater de esta actividade, xa está mergullada na organización da cuarta edición deste evento. Acadaremos os 500?

luns, 11 de decembro de 2023

MERCADILLO A BENEFICIO DO INTERCAMBIO CON FRANCIA

 O alumnado de Francés prepara o seu intercambio con Francia. Para financiar a actividade, durante esta semana venderán complementos, obxectos de decoración e demais detalliños de segunda man.




E se queres optar a esta cesta de Nadal, tamén podes mercar rifas. Anímate!



luns, 4 de decembro de 2023

AO PÉ DA LETRA DOS MÁIS NOVOS


O clube de lectura dos máis noviños abriu hoxe o curso lector cunha reunión con Sabela Álvarez Veloso, alumna de 1º de Bacharelato do noso instituto. Sabela publicou este verán a súa primeira novela, El bosque rojo, e quen mellor ca ela para presentar o seu libro. Os intres con ela foron unha preciosa invitación á lectura e á escritura como actividades de lecer.






venres, 1 de decembro de 2023

DECEMBRO DE CONCURSOS

Participa nos concursos de decembro.

Empezamos polo tradicional Concurso de postais de Nadal e de paisaxes de inverno.  

O premio consiste en material de debuxo ao que se sumará un agasallo sorpresa.


E seguimos coa ambientación do centro. Desta vez toca facer unha árbore de Nadal con materiais reutilizados. Polo tanto, debe ser unha árbore sustentable, 3R e 3D.



Lembramos que no concurso de decoración de aulas por Nadal de decembro de 2022 producíronse desperfectos nas aulas que derivaron no repintado das mesmas durante o verán, así que dende principios deste curso escolar está prohibido pegar carteis, decoración e demais nas paredes das aulas, dos corredores e doutros espazos do instituto. Por este motivo, procederemos á descalificación das aulas nas que non se respecte esta prohibición.

O premio, neste caso, será para a aula-grupo que presente a mellor árbore 3R-3D. Aínda que é un premio grupal, cada alumno/a do grupo recibirá un vale canxeable na cafetería.