venres, 22 de decembro de 2023

OBRADOIRO DE ESTRELAS E BOLAS DE NADAL

Non, no IES Cidade de Antioquía non hai festival de Nadal, pero temos alternativas interesantísimas: cine, actividades deportivas, concursos,... E para este último día de 2023 no centro a BiblioAntioquía organizou un obradoiro no que elaboramos adornos para Nadal, concretamente estrelas e boliñas para a árbore. Con goma eva e un pouquiño de pegamento fixemos marabillas!

Grazas a Anaís, a Raquel e a Angélica pola súa colaboración e, por suposto, ao alumnado pola calurosa acollida a esta proposta. O próximo ano repetimos!









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario