venres, 24 de novembro de 2017

A BIBLIOTECA POLO BO TRATO E CONTRA O MALTRATO

Esta semana e a que vén dedicarémonos a fondo a traballar co noso alumnado un tema tan grave como é o da violencia de xénero. Cremos que non debe ser cousa nun día recordar as víctimas e o sufrimento de tantas mulleres. Por iso, todos os departamentos didácticos, incluída a biblioteca, puxemos en marcha un proxecto interdisciplinar que xirará en torno a esta temática.
E como xa queriamos poñernos mans á obra, nesta semana na hora de ler repartimos textos sobre o maltrato que incluían desde narrativa, xornalismo ata poesía.
Por outra banda, hoxe pola mañá montamos unha exposición de lecturas polo bo trato, e contra o maltrato. Seguro que esta exposición medrará e medrará ao longo da próxima semana.
Queda moito por facer... Pero a biblioteca está moi concienciada da necesidade de abordar este problema e de apoiar ao profesorado para dar pequenos pasos desde as aulas que nos conduzan a acabar con esta lacra social.







LECTURAS POLO BO TRATO E CONTRA O MALTRATO by Slidely Slideshow

xoves, 23 de novembro de 2017

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





No IES Cidade de Antioquía estase a cociñar un feixe de actividades para traballar en contra desta eiva da nosa sociedade. Irémolas publicando segundo vaian saíndo!
Para ir empezando, o departamento de orientación, incluiu na páxina deste blog CONVIVECIDADE algunha das súas propostas.

Accedede a elas na pestana superior CONVIVECIDADE

mércores, 22 de novembro de 2017

NOVAS ADQUISICIÓNS

O Diario de Greg é unha lectura moi demandada na nosa biblioteca. Por ese motivo, decidiuse completar a colección cos títulos que faltaban.
Menudo éxito! Aínda estabamos a desempaquetalos, e xa estaba Xoan agardando para levar o título que lle tocaba!!!!



Tamén acaba de chegar a última e agardada novela de Pedro Feijoo, Os fillos do lume, éxito de vendas dende a súa publicación a primeiros do verán.

Outra interesante nova é o último premio GRAN ANGULAR, Siempre será diciembre, de Wendy Pavies. A primeira páxina métenos no corpo as ganas de saber máis...




mércores, 15 de novembro de 2017

RECOMENDACIÓNS DE OUTONO

Empeza a chegar o frío, e apetece quedar na casa quentiñas, acompañadas dun bo libro! Na nosa biblioteca procuramos estar á última e por iso, para estas tardes nas que CHOVEN FOLLAS DAS ÁRBORES, ofrecémosvos un best-seller nacional: PATRIA de Fernando Aramburu. Atrevédesvos?
E para relaxar un pouco, un libro doutro premio nacional, Antonio García Teijeiro, LENDO LENDAS DIGO VERSOS. Precioso título para un precioso libro! Bo outono!

venres, 10 de novembro de 2017

AS NOSAS LECTURAS DE CLUB

Pouquiño a pouco ímonos poñendo en marcha cos diferentes clubes de lectura que levamos a cabo no noso centro. Leremos Todo o tempo do mundo (D. Pérez Iglesias) no primeiro ciclo. En 4º de ESO leremos Rendición de R. Loriga e Izán o da saca (X. Quiroga). Con estas dúas últimas lecturas participaremos nas tertulias que organiza o Concello de Ourense. Por último, temos previsto estar nas tertulias organizadas polo IES de Allariz coa obra de Antón Riveiro Coello A ferida do vento. E isto só para comezar!! Porque o curso é longo e temos moitas ganas de ler!!!

domingo, 5 de novembro de 2017

XA TEMOS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE SAMAÍN!!!

A semana pasada foi de medo por partida dobre!! O alumnado de primeiro ciclo trouxo obxectos que espertaban terror e todo o alumnado da ESO redactou microrrelatos de medo. E na foto están os gañadores, xa co seu premio. Parabéns polo traballo ben feito e grazas a todos e a todas as que participastes.