venres, 22 de marzo de 2024

CURIOSA PUBLICIDADE!

Pechamos a semana da prensa coa reflexión do alumnado de Latín e Grego sobre a publicidade, ese sustento básico para todos os medios de comunicación. O que se evidencia con esta exposición é que non son linguas tan mortas como parece.



xoves, 21 de marzo de 2024

CHEGA A PRIMAVERA ENTRE VERSOS

Primavera e poesía chegan cada ano da man. Para celebrar este día, o alumnado de 1º e 2º ESO do IES Cidade de Antioquía xogou con versos e formas: poesía visual, versos a dous autores, poesía revelada,... convertíronse nos protagonistas das clases de Lingua Castelá e Literatura nesta xornada.





POETAS DO SÉCULO XXI

Nos últimos tempos a BiblioAntioquía vén incrementando os seus fondos en verso. Aínda que sexa un xénero minoritario, nunca está de máis sacar un oquiño para achegarse á poesía. Por iso, invitámosvos a darvos unha volta pola biblio para ver a exposición de libros de poesía do século XXI, e caeredes na conta de que hai moito de música nos versos.

Feliz día da poesía!

mércores, 20 de marzo de 2024

SEGUIMOS COA SEMANA DA PRENSA

Desta vez, a BiblioAntioquía mostra o traballo desenvolvido polo alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO. 

A través dunha caza do tesouro chamada A volta a Europa entre xornais e deseñada pola biblio, o alumnado fixo un metódico traballo de investigación que o levou a responder a gran pregunta. Velaquí a ligazón á actividade e unha montaxe fotográfica do proceso...

 A VOLTA A EUROPA ENTRE XORNAIS (Caza do tesouro)






luns, 18 de marzo de 2024

A PROL DO GALEGO

Dende principio de curso, a sección de Normalización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega veñen implementando unha campaña de difusión e apoio á lingua galega. Estes son algúns dos nosos valedores co cartel...




O MUNDO DA PRENSA. UNS PODCASTS DIFERENTES

Comeza a semana da prensa no ámbito escolar e dende este blog invitámosvos a que vos acheguedes a diferentes aspectos dos medios de comunicación. Iniciamos o camiño cos podcasts de Filosofía elaborados polo alumnado de 1º Bacharelato de Anaís Fernández.


venres, 8 de marzo de 2024

UN DÍA SIN...

Unha iniciativa máis para o 8 de marzo. Mar, profe de Física e Química, fíxolle ao seu alumnado de 4º ESO unha curiosa pregunta: Como sería un día sin... un invento dunha muller?

As respostas, en formato audiovisual, foron moi interesantes. Pronto compartiremos con vos os vídeos máis divertidos.

8 DE MARZO DE PIONEIRAS

Para visibilizar o papel das mulleres na historia, o alumnado de Susana, profe de Xeografía e Historia, encheu os corredores da primeira planta de imaxes e textos aos que paga a pena prestar uns minutos de atención. Esta é unha pequena mostra dun gran traballo:


Dende a BiblioAntioquía o noso recoñecemento  todas esas pioneiras que abriron camiños.

A TÁBOA PERIÓDICA DAS MULLERES

O grupo de traballo da BiblioAntioquía, integrado por docentes de diferentes materias, organizou unha táboa periódica diferente destinada a visibilizar a labor en diferentes áreas: filósofas, literatas, deportistas, científicas,... compoñen un mural compartido no que participaron case todas a clases do instituto. 





Grazas ao equipo docente pola súa implicación e ao alumnado pola eficiencia no traballo! E por suposto, o noso apoio ás mulleres que día a día contribúen a que o mundo xire doutro xeito.