venres, 28 de outubro de 2022

20 MINUTOS CON LUCIANO DE SAMÓSATA

 

Esta semana viaxamos á Lúa con Luciano de Samosanta. 

Alí descubrimos unha chea de acontecementos e de seres extraordinarios creados por un filósofo e autor que manifestou abertamente a súa intención de escribir, coma os demais, do que non sabía... E a fantasía púxose ao mando.

Neste paseo pola Lúa, tamén aprendimos que no grego afloran as palabras motivadas e que a imaxinación é un poderoso e fundamental instrumento para a vida.

E para rematar, non faltou a música. Nesta ocasión con The Waterboys e o seu tema The Whole fo The Moon. 




xoves, 27 de outubro de 2022

MISTERIO, TERROR, PANTASMAS,... A BIBLIOTECA RECOMENDA

 Co gallo do Samaín, organizamos unha pequeña exposición de fondos nos que perderse estes días. 




Pasa pola biblio antes da ponte e mergúllate no misterio!

SAMAÍN NA BIBLIOCIDADE

 A biblioteca xa está preparada para Samaín e para Halloween. Despois dunha entretida semana de manualidades nos recreos, a decoración do noso alumnado enche o noso espazo.



E non cabe dúbida: un ano máis a actividade estrela volve ser o concurso fotográfico. Aquí están as fotos finalistas, pero proximamente poderedes disfrutar de todos os traballos entregados.






                  O xurado teno complicado...

mércores, 26 de outubro de 2022

A VIDA DA BIBLIOCIDADE

 Canto botamos de menos a vida da BiblioCidade! 

As consecuencias da covid para a biblioteca foron nefastas. Un ano coas portas pechadas ao alumnado porque se convertera na segunda sala de profesores. E outro máis a medio gas no que parecía que sería imposible volver encher estas mesas. 

Porén, a actividade "Decora a túa biblioteca" parece estar axudando a recuperar os latexos da nosa biblio. Nada coma a creatividade, a imaxinación e as propostas para Samaín para volver á vida!





Grazas A Ana Belén Figueira, ao alumnado de 1º ESO e ás rapazas de 4º que non puideron resistir a tentación de pasar anha semana de recreos mans á obra. 

TENDENDO NOVAS PONTES

Hoxe a BiblioCidade recibiu unha visita especial: o grupo de reforzo de Cruz Vermella. Intentamos mostrarlles que a nosa biblioteca é moito máis ca libros, que un libro, ademais de coñecemento, moitas veces esconde maxia, sopresa, aventura,... 

E tamén xogamos. Xogamos a buscar nos vellos dicionarios en papel, actividade na que demostraron ser auténticos expertos. Xogamos a buscar libros nos andeis, despois de aprender que queren dicir os datos das etiquetas. 

Sabemos que o noso espazo as veces non é moi intuitivo e pouco ten que ver coas bibliotecas dos vosos colexios, pero foi un placer abrirvos as portas. Dende o equipo desta biblio queremos darvos as gracias, mociños e mociñas, polo ben que vos portastes e porque foi marabilloso vervos disfrutar entre libros. Tedes as nosas portas abertas para cando queirades regresar.

Grazas!


luns, 24 de outubro de 2022

BIBLIOTECAS DE CINE

 No marco do noso proxecto de cine, quixemos lembrar nun día coma hoxe, que no cine, nas ficcións audiovisuais tamén hai bibliotecas que encerrar grandes segredos, particulares significados. Se queres averigualos, non deixes de ver os filmes.



DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Dende a BiblioCidade queremos recomendar precisamente hoxe unha pequena obriña na que a lectura é protagonista.


Invitámosvos a ler os petiscos desta obra de Irene Vallejo que decorarán os accesos ás aulas e a outras salas do centro durante estes días. Disfrutade da calidade dunha autora que, aínda que faga gala dunha cultura inmensa nas súas creacións, sempre resulta cálida, amena e próxima a quen a le. Non só hai sentimento na poesía! Grazas, Irene.



NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 

Novembro, o mes da ciencia, está a piques de chegar e a BiblioCidade quenta motores.

Mar e Puri, as profes de Física e Química preparan para vós un concurso cun premio delicioso. 


Aproveita a oportunidade! Por unha vez falar ten premio!

venres, 21 de outubro de 2022

OS 20' COS CLÁSICOS DE OUTUBRO

Quen ía pensar que na Antigua Grecia xa "viaxaran" á Lúa!

Descúbreo o próximo 28 de outubro. Óscar, The Waterboys e os clásicos agárdanvos na BiblioCidade!




luns, 17 de outubro de 2022

SEGUIMOS TENDENDO PONTES

Por fin completamos unha das actividades de "Tendendo pontes" que se iniciara ao final do curso pasado. 

O alumnado de 1º ESO escribiu unha carta aos que ocuparían este curso o posto "pequenos do IES" que deixaban vacante antes do verán.

Hoxe pasamos polas aulas de 1º repartimos esas cartas.




Non había para todos, pero estes rapaces e rapazas tamén saben tender ponte e demostraron que saben compartir. 

Benvidos á BiblioCidade!

17 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

 Esta é a nosa homenxe ás mulleres galegas que habitan os nosos andeis e que fan - ou fixeron - da tinta e do papel unha viaxe, un soño, unha fantasía, unha profesión... Tantas emocións! 

Unhas contan, outras cantan; todas inspiran. 






HORA DE LER ADICADA ÁS ESCRITORAS GALEGAS

 Hoxe temos motivos especiais para ler ás autoras galegas. Achégate á escolma que nos facilita PLAMBE para este día.


Escolma de textos de autoras galegas




domingo, 16 de outubro de 2022

SAMAÍN ESTÁ AQUÍ!

 A BiblioCidade organiza os habituais concursos por Samaín. Vótalle unha ollada aos carteis e non esquezas que ti podes colaborar na decoración. Esperámoste entre o 17 e o 27 de outubro nos recreos para que convirtas con nós a biblioteca nun lugar terrorífico.








xoves, 13 de outubro de 2022

FRIDA KAHLO: UNHA MULLER (IN)VISIBLE

 Outro ano - e xa van tres - que o noso manequín toma protagonismo. Nesta ocasión iniciamos o proxecto con Frida Kahlo.