xoves, 23 de febreiro de 2023

23/02/2023: DÍA DE ROSALÍA

Foi un 23 de febreiro. Eran catro da mañá. Unha das figuras máis ilustres das letras galegas viña ao mundo: eterna Rosalía!

No IES Cidade de Antioquía celebramos esta data con diferentes actividades, algunhas delas conxuntas co IES Lagoa de Antela. Un poema, varias linguas e dialectos, e moitas voces para lembrar a Rosalía.

Por aquí deixamos algunhas mostras do traballo realizado.

ROSALÍA EN PICTOGRAMAS (Organizado polo Departamento de Orientación do IES Cidade de Antioquía).


ROSALÍA NA LIMIA (Man a man do noso Departamento de Galego e do noso EDLG co IES Lagoa de Antela).





venres, 17 de febreiro de 2023

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

 Culminamos a semana coa asistencia do noso alumnado ao desfile infantil organizado polo Concello de Xinzo de Limia. Este será o cartel que encabezará ao grupo:


Parabéns a Miguel Buitrago e ao seu alumnado de EPVA por este excelente traballo.

xoves, 16 de febreiro de 2023

O MANEQUÍN SEGUE OS MANDAMENTOS DA MECA IV: XOVES NA HIGH SCHOOL




Hai readings que nos deixan de ice, para good e para bad; por iso, a pet do Clube de Lectura da High School "CIty of Antioquia" é un penguin...





mércores, 15 de febreiro de 2023

O MANEQUÍN SEGUE OS MANDAMENTOS DA MECA III: MÉRCORES REAL.

 Máis aló de Felipe e Letizia; de Melchor, Gaspar e Baltasar, hai alguén que reinou no corazón de moita xente. Traémola ao recordo cun toque de humor...



martes, 14 de febreiro de 2023

O MANEQUÍN SEGUE OS MANDAMENTOS DA MECA II: MARTES DE CIENCIA

 TTodos o sabiamos, pero como era muller non aparecía nos libros. Ela é a primeira científica galega. Alquimista, por certo...



luns, 13 de febreiro de 2023

venres, 10 de febreiro de 2023

30 MINUTOS E UN RETO

Mañá, sábado 11 de febreriro conmemórase o Día da Nena e da Muller na Ciencia. Na BiblioCidade faremos desta unha celebración longa que chegará a marzo. 

Ana e Celsa, as profes de Mates do equipo da biblioteca, organizaron unha escape room sobre as mulleres científicas. Deixámosvos unhas cantas imaxes do reto. 



Ao remate da actividade, máis imaxes, de momento non queremos revelar nada. 

luns, 6 de febreiro de 2023

CORREO POR SAN VALENTÍN


Este 14 de febreiro será moito máis ca o día dos namorados no IES Cidade de Antioquía.
Que mellor data para agradecer a compañía, os bos recordos, a amizade, o apoio, os intres inesquecibles,,... !
Desde a BiblioCidade invitámoste a aparcar o móbil e a recuperar papel e boli. Deposita as túas cartas no noso buzón e encargarémonos de que cheguen ao seu destino. Lembra indicar con claridade no exterior o nome, apelidos e curso da persoa destinataria.


E non esquezas encargar os toxos e os bombóns aos teus compañeiros e compañeiras de Portugués!