luns, 17 de decembro de 2018

CHEGOU O NADAL CARGADIÑO DE AVENTURAS!!!


Ao pasar diante da biblioteca parade na preciosa estantería que preparamos para vós!!! Nela atoparedes novidades literarias moi interesantes para ler no Nadal. Están organizadas por niveis, só tedes que mirar no que vos corresponde. 
De todos os xeitos, na biblioteca hai moitas aventuras agardando por ti e sempre sempre haberá alguén que pode axudarche a atopar o libro que buscas. 

NON MARCHES SEN A TÚA AVENTURA!!!

Hace frío...., de Victoria Freitas


Hace frío, una niebla espesa tapa el final de la calle y se escuchan ladridos de perros en la distancia.
Es de noche y la única compañía es la de las pocas farolas que iluminan el lugar en un intento de restarle protagonismo a las estrellas; es la forma perfecta de despejar mi mente después de un día ajetreado.
Es entonces cuando escucho unos pasos a metros detrás de mí. Por puro instinto, empiezo a caminar más rápido de lo normal, pero los pasos no cesan. Al contrario: aumentan su velocidad y se acercan cada vez más. No es que tenga miedo, puesto que no soy un cobarde ni nada parecido. Pero a tales horas, no debería haber nadie en la calle...
Todo se para de repente: los perros se callan, los grillos ya no grillan y los pasos se detienen. Empiezo a creer que todo ha sido una alucinación causada por el cansancio, o quizás por el estrés del trabajo.
Pocos segundos más tarde, cuando creía que todo había terminado, escucho una respiración lenta detrás de mí que me pone los pelos de punta. Intento girarme, pero el miedo se apodera de mi cuerpo y me quedo paralizado.

Victoria Freitas, 1º de E.S.O.

luns, 10 de decembro de 2018

Jugar al escondite, de María Penín

Ella tenía una pequeña tienda en el pueblo. Vendía muchas cosas: jabón, aceites, botones... Todo hecho a mano. Los precios eran altos, pero la gente siempre decía que la buena artesanía se pagaba cara. ¡Y tanto!

Primero los capturaba cuando salían del colegio y los encerraba en su sótano, del cual nadie conocía la existencia. Les decía que iban a jugar al escondite. Una vez en el sótano, los mataba y aprovechaba cada parte de sus cuerpos.


Ese era el secreto de sus productos. ¡Pobres, siempre caían en su trampa!




luns, 26 de novembro de 2018

El piano, de Laura Valeria Gutiérrez Caneda

  Tan misteriosamente como se abre, se cierra. Pero no es la primera vez, lo hace continuamente. 
   A su hija no le gusta, no le gusta nada que la tapa de un piano se abra y cierre sola, cuando quiere y le aptece. 
   Le da exactamente igual que estés con las manos en las teclas y te las trille, o que estés durmiendo y con el alboroto te despierte.
Ahora se niega a tocar, pero su madre le riñe, le ha comprado a su hija un precioso piano de cola como quería.
   ¡Vale! se lo compró al padre de la pequeña difunta. Pero es que comprar un piano sin antecedentes ¡es carísimo!

COMO ELIGIÓ IRSE MI HERMANO, de Bárbara Feijoó

    Marcos siempre tenía una sonrisa en la cara, le encantaban las bromas y las adivinanzas, pero, sobre todo, era un chico realmente aventurero. 
    Un día descubrió la entrada a una sima, se emocionó muchísimo, tanto que empezó a reunir su propio kit de explorador. Yo, que tenía miedo y no estaba seguro de que todo saliese bien, le dije que era imposible que encontrase un tesoro allí dentro; creo que esto fue lo que realmente le empujó a hacerlo. 
    Una noche decidió escaparse de casa, y sin saber muy bien que hacer, le seguí para intentar pararle. Ancló unha soga a una piedra, consiguiendo así llegar hasta el fondo de aquella negra circunferencia rodeada de zarzas. 
   De pronto, gritó mi nombre, gritó tan alto y con tanta fuerza como lo hace un recién nacido al ver el mundo que le aguarda. 

Me descolgué lo más rápido que pude, quemándome completamente la palma de las manos. Lo único que pude ver fueron un montón de piedras que se habían desprendido y la linterna de mi hermano.

luns, 19 de novembro de 2018

SAMAÍN en BIBLIOANTIOQUÍA

Polo Samaín os libros de medo fuxiron da biblioteca e ocuparon os espazos comúns mesturados con bruxas, meigas, arañas, caveiras ....


Premios microrrelatos de medo








Parabéns a : Victoria Freitas, María Penín, Laura Valeria Gutiérrez Bárbara Feijoó, gañadoras en cada unha das categorías.
A partires de hoxe iremos publicando estes fermosos microrrelatos de Samaín.


xoves, 18 de outubro de 2018

XA TEMOS CONCURSO DE MICORRELATOS DE MEDO!!!


O Samaín xa está moi pretiño así que temos que botar a voar a nosa imaxinación para crear un microrrelato que dea moito moito medo!!! É importante que o ilustres ben porque as mellores historias, acompañadas dos debuxos máis orixinais e terroríficos terán premio!!!

CONTAMOS COA TÚA MICROHISTORIA. SEGURO QUE TES MOITAS IDEAS TERRORÍFICAS!!

luns, 1 de outubro de 2018

Novo curso!

Iniciamos unha nova andaina, con moitas ganas, moitos proxectos, moitas lecturas!
Estades prontas? Estades prontos?

Adiante a toda vela!

mércores, 27 de xuño de 2018

ROTEIRO LITERARIO DA NOVELA O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS

O clube de lectura Ao pé da letra rematou o curso cunha actividade excepcional: despois de ler a novela de Alberto Canal O trapecista da malla de rombos  viaxamos á cidade-estado de Benposta, Cidade dos Muchachos para coñecer o marco real no que se inspira a novela. Alí fomos guiados por Francisco Muradás, un dos pouco habitantes que quedan nesta cidade que hai anos tivo a súa propia moeda, o seu hospital, o seu estudo de radio e televisión e que, sobre todo, foi acubillo de moitos nenos e nenas abandonados pola sociedade. O proxecto do padre Silva esmoreceu porque foi presa das débedas económicas e porque os políticos viron nos seus terreos un lugar idóneo para construír un campo de fútbol...
En Benposta tamén recibimos a visita de Alberto Canal, autor da novela. Con el conversamos sobre a súa obra e da súa man viaxamos ao pasado para recordar a excepcionalidade do plan deseñado polo padre Silva. 
Rematamos o día viaxando ata Celanova para visitar a Casa de Curros, o mosteiro de San Rosendo e a magnífica biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro que, por se non o sabiades, foi sede da Cidade dos Muchachos durante seis anos, antes de asentarse nos terreos de Benposta.
Para os que non teñades idea do que é a Cidade dos Muchachos e o seu circo, lede a novela e ide pronto a visitala. Non vos defraudará. Ogallá algún día se recupere o proxecto marabilloso do Padre Silva.






mércores, 20 de xuño de 2018

Concurso coca cola "Novos Talentos"

Laura Valeria Gutiérrez Caneda, alumna de 2º de E.S.O., e usuaria de Biblioantioquía, acadou un dos merecidísimos premios no concurso deste ano.
Os galardóns foron entregados nun restaurante da Coruña, nun acto adubiado con culleres de pao e arrecendos a exquisitos manxares.

Parabéns, Laura Valeria!!! Agardamos novos éxitos!


mércores, 16 de maio de 2018

VAI DE CONTOS!!!

A tarde do luns 14 de maio foi moi especial!! O alumnado de Oratoria tivo a grande sorte de traballar con Nate Borrajo, integrante de Sarabela Teatro, nun obradoiro de contacontos. Nate explicounos as claves para narrar atrapando a atención do público e proporcionounos moitos trucos para as nosas propias historias. O máis fantástico foi escoitala a ela relatando a lenda do pai que tiña tres fillas e unha delas foi desterrada por dicirlle que "o quería tanto coma o pote quere sal".
Agora somos nós quen ten por diante a tarefa de pensar nunha historia e contárllela aos nosos compañeiros e compañeiras!!!



Premios!!!!


MARCAPÁXINAS


premio: Daniel Araújo, 1ºA
2º premio: Sonsoles Rodríguez, 1º B          premio: Lucía Rodríguez 1ºA








50 anos do maio do 68

O alumnado de francés lembrounos o ocorrido hai xa 50 anos en Francia. A nosa biblioteca e os nosos corredores enchéronse de cartaces informativos!










xoves, 26 de abril de 2018

Día do libro









O luns 23 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato agasallounos cunha degustación de saborosos dóces elaborados a partires de receitas do Quijote. Que delicia!!!





Ademais a biblioteca organizou dous concursos nos que aínda podedes participar: Marcapáxinas e Á procura da obra literaria.






Tamén nos achegamos un pouquiño máis á literatura en lingua inglesa grazas aos murais que decoraban os corredores.





Que aproveite, lectoras e lectores!!!!!

mércores, 11 de abril de 2018

Outra ollada cara ás árbores

Aproveitando o lugar de privilexio que lle adicaramos á poesía na entrada do centro, decidimos sustituír os versos por troncos, follas, enerxía que flúe co seu zume....


mércores, 4 de abril de 2018

Día da Poesía



Celebramos este día sacando a un lugar ben á vista uns petiscos de poesía.

Probástela?





mércores, 28 de marzo de 2018

O IES CIDADE DE ANTIOQUÍA POLA IGUALDADE

O noso centro está convencido de que é imprescindible traballar nas aulas a igualdade de xénero. A sociedade na que vivimos está demandando que se aborde este problema tan grave no ámbito educativo. Por iso, todos os departamentos didácticos, e a biblioteca por suposto, dedicamos esforzos a organizar actos que fagan reflexionar ao noso alumnado.
A biblioteca creou un posto provisional (que se mellorará co tempo e terá máis visibilidade) no que se ubican lecturas que fomentan a igualdade. Trátase de publicacións que desde a arte, a poesía ou a filosofía reflexionan sobre a desigualdade.
Pero quizais o acto estrela neste mes de marzo foi a mesa redonda que se organizou para debatir sobre a situación da muller na sociedade actual e que se dirixiu a alumnado de segundo ciclo, bacharelato e ciclos.
ESTE CAMIÑO É LONGO. A LOITA NON PODE SER FLOR DUN DÍA. DEBEMOS SER CONSTANTES E CONSCIENTES NESTA BATALLA QUE TEMOS QUE GAÑAR ENTRE TOD@S PARA CONSTRUÍR UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA.




mércores, 7 de marzo de 2018

PREPARANDO O 8 DE MARZO

Mañá celebraremos o día da muller baixo o lema "Se nós paramos, para o mundo".
María Rosa e Douaa pasaron pola nosa biblioteca para preparar a mesa redonda que será o acto central no noso centro.
Mentres reflexionaban en voz alta sobre as súas intervencións de mañá, saíron á luz as súas experiencias como receptoras de micro e macro machismos: "así me gusta, que varras, como muller que es", "moitas mulleres non traballan para coidar as crianzas. Despois se queren separarse, non teñen traballo, seguen dependendo do home que é o que traballa".....






Mentres tanto, outro grupo acaba de colgar os carteis que farán que todo o centro se entere de que está a pasar.



sábado, 3 de febreiro de 2018

OS NENOS DA VARÍOLA: MARÍA SOLAR E A ASOCIACIÓN ISABEL ZENDAL

Que semanas tan animadas tivemos!! Foi regresar do Nadal e comezar con actividades continuadas. Fomos ver "Vida" de Rubén Riós, celebramos a semana da Paz e recibimos á escritora María Solar e aos amigos da Asociación Isabel Zendal.
De Coruña viñeron Fernando e Pilar da Asociación Isabel Zendal para explicarnos os acontecementos históricos nos que se basea a novela Os nenos da varíola, que lemos en 2.º ESO. Foi emocionante descubrir que existiron eses nenos que capitaneados polo doutor Balmis e coidados con mimo por Isabel Zendal foron capaces de levar a vacina da varíola a América.
E para rematar o círculo, o martes 30 de xaneiro recibimos a María Solar, que nos falou da novela baseada na expedición do doutor Balmis.
A actividade non puido ser máis interdisciplinar. Aprendemos de historia, de bioloxía, de medicina, de náutica e navegación, de creación literaria...
Mil grazas por nos acompañar!!!! Foi un verdadeiro pracer!!!


mércores, 31 de xaneiro de 2018

Día da Paz.

Dentro do Proxecto a favor da igualdade e en contra da violencia machista posto en marcha este curso polo Departamento de Orientación do centro, a Biblioteca colaborou de distintos xeitos.

A prensa recolleu varios días as actividades desenvolvidas nas nosas aulas e espazos comúns:

La Región

LUCHA CONTRA EL SEXISMO

El IES Cidade de Antioquía elabora un proyecto contra las actitudes sexistas

Uno de los árboles que han elaborado los alumnos del centro.

Dos nosos andeis saíron libros relacionados coa tolerancia, a loita pola igualdade, a defensa das persoas desfavorecidas, a integración das diferencias....






E o alumnado preparou manifestos para ler o día de hoxe, día da PAZ, no patio:







La Región

ACTO

El IES Antioquía reclamará la paz y la igualdad el día 31

Los alumnos y alumnas de Educación Secundaria Obligatoria del centro han elaborado en sus clases de tutoría manifiestos en contra de la violencia que leerán ese mismo día.


As Pantallas As Pantallas de Slidely by Slidely Slideshow

 Aínda non están nas nosas mans as fotos do acto. Proximamente, porémolas!