sábado, 3 de febreiro de 2018

OS NENOS DA VARÍOLA: MARÍA SOLAR E A ASOCIACIÓN ISABEL ZENDAL

Que semanas tan animadas tivemos!! Foi regresar do Nadal e comezar con actividades continuadas. Fomos ver "Vida" de Rubén Riós, celebramos a semana da Paz e recibimos á escritora María Solar e aos amigos da Asociación Isabel Zendal.
De Coruña viñeron Fernando e Pilar da Asociación Isabel Zendal para explicarnos os acontecementos históricos nos que se basea a novela Os nenos da varíola, que lemos en 2.º ESO. Foi emocionante descubrir que existiron eses nenos que capitaneados polo doutor Balmis e coidados con mimo por Isabel Zendal foron capaces de levar a vacina da varíola a América.
E para rematar o círculo, o martes 30 de xaneiro recibimos a María Solar, que nos falou da novela baseada na expedición do doutor Balmis.
A actividade non puido ser máis interdisciplinar. Aprendemos de historia, de bioloxía, de medicina, de náutica e navegación, de creación literaria...
Mil grazas por nos acompañar!!!! Foi un verdadeiro pracer!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario