O libro que vos recomendó titúlase
La ridícula idea de no volver a verte da escritora madrileña Rosa
Montero.( Sinto que traizoo un pouquiño ós autores que escriben na nosa lingua,
pero xa o enmendo coa miña nominada)
É un libro que me
entusiasmou e que me fixo reflexionar sobre a morte dos seres queridos, sobre
as relacións entre homes e mulleres, sobre a superación da dor, sobre os
perigos da radiactividade e sobre o seu descoñecemento a principios do século
XX...
Despois da morte da súa parella no ano 2009, Rosa Montero le o diario que a
polaca Marie Curie escribiu trala perda do seu marido, atropelado por un coche
de cabalos, quedando totalmente atrapada e impresionada pola vida desta
fascinante muller que foi a primeira que recibiu un premio nóbel, a primeira
que se licenciou en ciencias na Sorbona, a primeira en ser enterrada no Panteón
de Homes ilustres....
Este libro orixinal, inclasificable, auténtico, emocionante, cómplice...no
que a morte e a dor se converten nas protagonistas, atrápanos desde as primeiras
páxinas ata as últimas, pero a pesar de que elementos negativos están
presentes, non é un libro triste, é un libro sobre a vida, apaixonado, alegre e
sentimental.
E agora a miña nominada é María Garrido.