luns, 29 de abril de 2024

OS AGASALLOS DO PASAPALABRA...

 Xa teñen donos e son 


Xián Mera, de 1º ESO A na sección de alumnado.

Mercedes Ramudo, profe de Francés, na sección de profesorado.


Parabéns!

venres, 26 de abril de 2024

YINCANA NA BIBLIOANTIOQUÍA

Temos unha actividade máis para esta semana do libro. Ana Belén, profe de Inglés, deseñou unha yincana para pór a proba os coñecementos do alumnado de 1º ESO sobre a organización e busca na biblio. Aínda queda moito por aprender, pero pasárono moi ben. 









xoves, 25 de abril de 2024

50 ANOS DA REVOLUÇAO DOS CRAVOS

O alumnado de Portugués do noso instituto elaborou un impecable traballo para conmemorar o cincuenta aniversario da Revoluçao dos cravos, un percorrido variado por un feito fundamental na historia do país luso. Atoparás a exposición no taboleiro da biblioteca da entrada principal, xusto ao lado do ascensor.

E para completar esta homenaxe ao país veciño, dende a BiblioAntioquía, ofrecemos unha pequena exposición de fondo seleccionados en Portugués.


mércores, 24 de abril de 2024

PASAPALABRA LITERARIO

Repetimos concurso, pero esta vez con novidades. Aínda non participaches no pasapalabra? A que esperas? E se es profe, non te cortes! Tamén podes participar...


Deposita no buzón a túa folla de respostas antes deste venres. A próxima semana coñeceremos aos gañadores ou gañadoras.

martes, 23 de abril de 2024

MENÚS DE LECTURA PARA O DÍA DO LIBRO

Atención á oferta lectora do noso alumnado de 4º ESO!





Con este plan de alimentación lectora, desexámosvos un feliz día do libro.

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Continuamos coa semana do libro cunha interesante proposta. Pecha os ollos ou elixe unha cor... Anímate a ter una Cita a cegas cun libro.


Feliz día do libro!

luns, 22 de abril de 2024

A VOLTAS COS CLÁSICOS NA SEMANA DO LIBRO

Hai libros que marcan, que emocionan, que ensinan, libros que non deberías deixar de ler. Pasa pola BiblioAntioquía e dalle unha volta á nosa exposición xiratoria permanente de grandes lecturas que queremos compartir contigo:



venres, 12 de abril de 2024

AÍNDA NON COÑECES ELBE2?

 Lembramos a toda a comunidade educativa do IES Cidade de Antioquía que contades coa posibilidade de mergullarvos na lectura dixital coa plataforma ELBE2. Clica na seguinte liña e infórmate. 

 COÑECE ELBE2

E se aínda tes dúbidas, pasa nos recreos pola BiblioAntioquía!

II CINECIDADE

Imos de novo co cine! Xa está convocado o II Festival escolar de curtas  "CineCidade". 
Proximamemte actualizaremos a cartelería e a información, pero na páxina deste blog que leva o nome deste concurso atoparás toda a información que precisas: bases, seccións, galardóns,...





mércores, 10 de abril de 2024

UNHA LECTURA INTERESANTE

Que pasaríase aos homes lles tocara vivir a vida dunha muller e a unha muller vivir a vida dun home nunha sociedade coma a nosa? Se tes curiosidade esta é a nosa proposta

E non está de máis dicir que Tais Rego, a tradutora, foi alumna do noso instituto. 

É para nós un enorme orgullo ofrecervos nesta biblioteca o traballo de que aquí se formou.

Quen será o ou a seguinte?