mércores, 28 de xuño de 2023

PERCORRIDO VITAL E POÉTICO CON OLGA NOVO

O club de lectura de adultos en colaboración co club de lectura do IES Otero Pedrayo desprazáronse a Vilarmao – A Pobra do Brollón para realizar o Roteiro Literario coa autora Olga Novo entorno á súa obra Feliz Idade.

Este roteiro foi o peche perfecto para un longo ano de traballo amenizado polas lecturas e enriquecido coa compañía doutro club e a autora deste marabilloso álbum poético.


















luns, 26 de xuño de 2023

FIN DE CURSO EN SUIZA COA CIENCIA

 Un pequeno grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO e de Bacharelato disfrutaron, entre o 21 e o 25 de xuño, dunha inesquecible experiencia en Suiza. O Departamento de Física e Química, encabezado por Mar Espinosa, organizou unha viaxe a Xenebra para visitar o CERN; pero tamén lles serviu coma unha breve inmersión lingüística nunha localidade francófona con Mercedes Ramudo, profesora de Francés, que os acimpañou na saída. Pero a visita non quedou aí, O Museo da Cruz Vermella, a Oficina da Organización das Nacións Unidas ou o paso por Annecy (Francia) deixáronnos imaxes coma estas.






Abofé que non hai mellor forma de recibir o verán!

venres, 23 de xuño de 2023

OS ANTIOQUIÑOS DO CINECIDADE

I0:15 da mañá- Os corredores do ES Cidade de Antioquía revoltos c cheos de alumnado ansioso por despedirse do centro ata setembro. Pero tiñamos tarefa pendente, así que baixamos ao salón de actos para agasallar aos premiados no CineCidade.

Comezamos explicando que o xurado decidira deixar desertos dous premios: Mellor Curta (considerouse que, contando con recursos sobrados, non houbo ningún finalista que alcanzase a calidade requerida) e Mellor Documental (por falta de traballos). 

A continuación, entrgamos dous premios decidido por xurado:

Por facer de versos imaxes, polo coidado e sensibilidade no tratamento da imaxe e pola valentía e a capacidade de transmitir tanto a través do recitado, O Antioquiño RECreación foi para Shaila González (2º ESO A) por  Puedo escribir los versos....


Pola idea orixinal, polo guion, pola excelente selección da música e polo traballo que hai tras esta curta, o Antioquiño Educación en Valores é para Naia Sánchez (2º ESO A) por O poder de confiar en ti...


E, finalmente, o Antioquiño especial do público, votado polos asistentes aos pases previos realizados o luns e martes desta semana, con 255 puntos (frinte aos 233 do segundo clasificado), foi para Hugo Fernández (3º ESO A) por Juliet has died,  unha curta en Inglés onde este mozo fai gala das súas dotes actorais para interpretar aos catro personaxes dunha selección persoal de escenas de Romeo e Xulieta.


Pero non quedou aí. O xurado decidiu facer inha mención especial a unha curta que representa a realidade que nos rodea n'A Limia e que salienta valores coma o respecto e a diversidade. Mención especial para Javier, Adam e Diego por Choque de cultura.



Parabéns aos premiados e ás premiadas! 
E ide pensando nas vosas propostas, porque o próximo curso repetimos. 







xoves, 22 de xuño de 2023

TODO PREPARADO

Xa agardan no salón de actos os trofeos e premios para os gañadores ou gañadoras do I Festival escolar de curtas CineCidade.

Mañá, despois da recepción de notas, farase a entrega de galardóns. Por fin coñeceremos a decisión do público e do xurado.

martes, 20 de xuño de 2023

BIBLIOANTIOQUÍA DE VERÁN


Lembra pasar pola BiblioAntioquía antes de marchar de vacacións. Podes visitarnos ata o próximo 27 de xuño e levar os teus préstamos de verán.

Libros, cine e miles de aventuras máis agardan por ti.  


FINALISTAS DO I FESTIVAL ESCOLAR DE CURTAS CINECIDADE

Estamos chegando xa á última estación desta viaxe que foi o curso 22/23, e tamén chega á súa fin o noso I CineCidade. Se non tiveches a sorte de asistir aos pases para o público ou se queres volver ver os vídeos finalistas, aquí tes a posibilidade...

PUEDO ESCRIBIR LOS VERSOS...


ROMEO Y JULIETA 2.0


ONCE UPON A TIME IN VERONA


O PODER DE CONFIAR EN TI...


JULIET HAS DIED

HAMLET (EN STOP MOTION)


EL INCIDENTE JURÁSICO


CHOQUE DE CULTURA 


10 REASONS TO HATE YOU