venres, 23 de xuño de 2023

OS ANTIOQUIÑOS DO CINECIDADE

I0:15 da mañá- Os corredores do ES Cidade de Antioquía revoltos c cheos de alumnado ansioso por despedirse do centro ata setembro. Pero tiñamos tarefa pendente, así que baixamos ao salón de actos para agasallar aos premiados no CineCidade.

Comezamos explicando que o xurado decidira deixar desertos dous premios: Mellor Curta (considerouse que, contando con recursos sobrados, non houbo ningún finalista que alcanzase a calidade requerida) e Mellor Documental (por falta de traballos). 

A continuación, entrgamos dous premios decidido por xurado:

Por facer de versos imaxes, polo coidado e sensibilidade no tratamento da imaxe e pola valentía e a capacidade de transmitir tanto a través do recitado, O Antioquiño RECreación foi para Shaila González (2º ESO A) por  Puedo escribir los versos....


Pola idea orixinal, polo guion, pola excelente selección da música e polo traballo que hai tras esta curta, o Antioquiño Educación en Valores é para Naia Sánchez (2º ESO A) por O poder de confiar en ti...


E, finalmente, o Antioquiño especial do público, votado polos asistentes aos pases previos realizados o luns e martes desta semana, con 255 puntos (frinte aos 233 do segundo clasificado), foi para Hugo Fernández (3º ESO A) por Juliet has died,  unha curta en Inglés onde este mozo fai gala das súas dotes actorais para interpretar aos catro personaxes dunha selección persoal de escenas de Romeo e Xulieta.


Pero non quedou aí. O xurado decidiu facer inha mención especial a unha curta que representa a realidade que nos rodea n'A Limia e que salienta valores coma o respecto e a diversidade. Mención especial para Javier, Adam e Diego por Choque de cultura.



Parabéns aos premiados e ás premiadas! 
E ide pensando nas vosas propostas, porque o próximo curso repetimos. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario