Un pequeno grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO e de Bacharelato disfrutaron, entre o 21 e o 25 de xuño, dunha inesquecible experiencia en Suiza. O Departamento de Física e Química, encabezado por Mar Espinosa, organizou unha viaxe a Xenebra para visitar o CERN; pero tamén lles serviu coma unha breve inmersión lingüística nunha localidade francófona con Mercedes Ramudo, profesora de Francés, que os acimpañou na saída. Pero a visita non quedou aí, O Museo da Cruz Vermella, a Oficina da Organización das Nacións Unidas ou o paso por Annecy (Francia) deixáronnos imaxes coma estas.
Abofé que non hai mellor forma de recibir o verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario