As alumnas de 4º da ESO de latín tamén partiparon no Club de Letras. Reflexionaron e traballaron sobre a importancia dos coidados na conservación do patrimonio. Este foi o resultado
martes, 22 de xuño de 2021
luns, 21 de xuño de 2021
SE O TEU PLANETA QUERES SALVAR, A TÚA ROUPA TERÁS QUE COIDAR
Agora que chega o final do curso, comezan a verse os froitos de moitos proxectos que se viñeron desenvolvendo ao longo deste ano tan especial. É o caso de "Se o teu Planeta queres salvar, a túa roupa terás que coidar" que se levou a cabo no Club de Letras coa profesora Ana Belén Figueira. Nas aulas de inglés o alumnado reflexionou sobre o consumo responsable e sostible da roupa, espertou así a súa conciencia crítica para facer deste un mundo máis saudable e xusto. Ademais, aprenderon e aplicaron técnicas de customización para darlle unha nova vida a prendas usadas. Aquí tedes algúns dos resultados. Parabéns!!
sábado, 19 de xuño de 2021
ALOUMIÑOS PARA O MEU LEGADO: LAPBOOKS
Velaquí están os lapooks marabillosos que fixo o noso alumnado de 1.º de ESO!!! Extraordinario traballo de investigación e de creatividade!!
martes, 15 de xuño de 2021
PEDA-LEO DE VERÁN
Xa tes a túa bici? Xa tes o teu libro?
Non marches de vacacións sen os libros que non tiveches tempo de ler durante o curso. A biblioteca segue aberta e agarda as túas peticións.
Esas son as últimas adquisicións, pero se prefires que alguén che recomende unha boa lectura de verán, podes abrir a etiqueta lecturas de verán ou recomendacións deste blog.
E se queres facer unha recomendación, envíaa a bibliotecacidadeantioquia@gmail.com, ou entrégaa na biblioteca.
Bo verán
luns, 7 de xuño de 2021
Aloumiños para o meu legado: O noso Dígocho eu!
Que bo traballo fixo o alumnado de 1º da ESO!
Palabras fermosísimas do galego que están en risco de perderse: gromo, saia, agarimo, esnaquizar, luscofusco, sapoconcho....
Mirádeo de principio a fin. Hai sorpresas!!!!!
Parabéns!
martes, 1 de xuño de 2021
OBRADOIROS DE POESÍA CON MARÍA LADO
Dentro do Club de Letras, que este ano ten como temática o coidado, tivemos a sorte de contar de forma telemática coa poeta galega María Lado. Con ela reflexionamos sobre o coidado da natureza e de nós mesmos/as, activamos a nosa imaxinación e creamos poesía. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 1.º ESO e de 2.º ESO. Oxalá o próximo curso as circunstancias nos permitan coñecer a María Lado en persoa!!