martes, 28 de febreiro de 2023

ESCAPE ROOM DAS MULLERES CIENTÍFICAS

Co gallo da celebración do día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o 11 de febreiro, parte do alumnado do IES Cidade de Antioquía realizou unha Escape Room. Para poder escapar desta, había que resolver diferentes probas e recoñecer así o seu importante labor e contribución á humanidade ás mulleres científicas.

Os participantes repasaron a biografía de mulleres como Hipatia de Alejandría, Ada Lovelace, Marie Curie e de científicas galegas como Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín ou María Wonenburger, grazas ás que se lograron importantes descubrimentos no mundo da ciencia e da tecnoloxía.

Agora que xa as quendas remataron, xa podedes buscarvos nas imaxes!


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario