luns, 6 de febreiro de 2023

CORREO POR SAN VALENTÍN


Este 14 de febreiro será moito máis ca o día dos namorados no IES Cidade de Antioquía.
Que mellor data para agradecer a compañía, os bos recordos, a amizade, o apoio, os intres inesquecibles,,... !
Desde a BiblioCidade invitámoste a aparcar o móbil e a recuperar papel e boli. Deposita as túas cartas no noso buzón e encargarémonos de que cheguen ao seu destino. Lembra indicar con claridade no exterior o nome, apelidos e curso da persoa destinataria.


E non esquezas encargar os toxos e os bombóns aos teus compañeiros e compañeiras de Portugués!


Ningún comentario:

Publicar un comentario