mércores, 6 de outubro de 2021

POR FIN!! ESTAMOS DE VOLTA!!

 Os tempos son chegados por fin!! Volvemos abrir as nosas portas á toda a comunidade educativa!! Bibliocidade volve ser o lugar de acubillo para todo o noso alumnado. Aquí podedes atopar os vosos libros de lectura, facer propostas de compra, estudar durante os recreos... Queremos que a nosa biblioteca volva ser a vosa casa. En definitiva, retomamos o pulso para latir máis forte ca nunca.

Por iso temos moitas novidades!!! Bótalle un ollo, porque de seguro que atoparás lecturas que te atraparán. E se non temos o que buscas, non dubides en solicitárnolo.


Non perdas de vista tampouco o recuncho de lecturas pola diversidade. Cada vez temos máis propostas para ti.


E para a Hora de Ler estamos a preparar unha caixas construídas con materiais reciclados que moi pronto terás na túa aula. Non son unhas simples caixas... Son un pequeno chanzo para lograr un mundo habitable, sostible e con futuro. Esa será unha das grandes liñas de traballo este curso na Bibliocidade. 




AGARDÁMOSTE!! NON TARDES!!

1 comentario:

  1. Saúdos dende o IES Otero Pedraio de Ourense! Encántame ver que estades de volta, con traballo intenso e bonito. Coma sempre. Non deixarei de vos visitar! Por certo, xa temos blog! Recén nado, cun nome provisional, pero aí vai! https://bibliotecaoteropedrayo.blogspot.com

    ResponderEliminar