O ano pasado puxemos en marcha unha iniciativa solidaria que pretendemos que dure moitos cursos. Trátase da Feira solidaria do Libro de segunda man. O curso pasado adicamos a recaudación aos nenos e nenas refuxiados de Ucraína (vía Cruz Vermella) e o presente curso decidimos que sexa o Banco de Alimentos de Ourense o que reciba a nosa aportación.
A actividade arranca hoxe e rematará o 9 de decembro. Xa sabedes que nos centramos na venta de libros aos membros da comunidade educativa a 1 e 2 euros. Os mencionados libros proceden de doazóns por parte do profesorado e alumnado do centro; ademais, contamos coa colaboración especial do Departamento de Inglés, que fixo varias compras de libros de segunda man que vendemos por debaixo do seu prezo, pois a fin non é lucrarse, senón aprender valores que nos aproximen ao coñecemento dos ODS que promove a Axenda 2030. Estes libros de segunda man que se compran proceden dunha ONG tamén solidaria, libros.madrecoraje.org, de modo que o noso proxecto solidario é dobre.
A maiores esta vez, teremos días temáticos: o día das triloxías, o día da cita a cegas cos libros, o día dos complementos,...
E por que facemos todo esto? Por un sinxelo motivo: porque somos privilexiados e sería unha mágoa que dende a nosa posición non fixeramos nada. As veces doamos libros, outras doamos e compramos, outras só compramos; a forma de participar neste evento é o de menos, o importante é ser parte dun movemento solidario escolar que, sobre todo, educa en valores.
Pasade e botade unha ollada ao noso compromiso cos demais e co futuro. Estamos na porta de biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario