O pasado 29 de marzo, seguindo coa nosa teima sobre a igualdade que
XA SE ESCAPA POLAS
FIESTRAS DE
BIBLIOANTIOQUÍA
ACOMPAÑOUNOS Feli Alongo presentada por Delfín Caseiro. Esta muller guineana contounos a súa historia de superación das dificultades.
Con catro anos perdeu a vista, pero nin iso nin os impedimentos que, no seu país, se lle puñan ás mulleres que querían saltar barreiras e saír do reducto de traballo e maternidade ó que se vían destinadas, puideron con ela. Estudiou dereito, fala perfecto galego, escribe e conta a súa experiencia e o seu proxecto vital, que se pode resumir con estas palabras:
"Hai que ser capitalistas cos pensamentos, e sacar estratexias para resolver os problemas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario