venres, 17 de marzo de 2023

AS MATRIOSKAS DE MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE

Este venres os alumnos e alumnas de 1º ESO recibiron unha agardada e grata visita: Marisol Ortiz de Zárate, autora de Las lágrimas de la Matrioska, novela que foi a súa primeira lectura obligatoria na súa aventura no instituto. Aínda que a organización do evento correu a cargo do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, a biblioteca tamén colaborou organizando a benvida á autora.

Desta vez quixemos recibila dunha forma diferente e unha pequena representación dos dous grupos de 1º animouse a escribir esta carta que con enorme ilusión lle leron a Marisol:

Querida Marisol:
Benvida ao noso IES Cidade de ANTIOQUÍA. Estamos moi felices de que veñas falar con nós e desexamos que pases uns intres tan agradables na nosa compaña como para repetir a experiencia.
Las lágrimas de la matrioska es el motivo de tu visita hoy, aunque en nuestra biblioteca contamos con otros de tus libros: Rebelión en Verne, La Montaña del Infierno o La canción de Shao Li, el libro que te iba a traer aquí aquel marzo de 2019 que lo cambió todo.
Queremos que sepas que Las lágrimas de la matrioska se convirtió en un paseo por nuestras emociones, pues con las secuencias más duras lo pasamos realmente mal; mientras que con aquellas en las que todo parecía arreglarse disfrutamos un montón. Con estas palabras, dejamos claro que conseguiste que la trama nos atrapara.
Y además, ¡aprendimos! Sí. Aprendimos... Aprendimos que la vida puede ser una aventura. Aprendimos que no todos los viajes salen bien. Pero al final también aprendimos que a veces, en el camino, encontramos a algún que otro valiente y a verdaderos amigos dispuestos a ayudar en los momentos más difíciles.
Ahora llega el momento de que seas tú quien nos hable y de que nos cuentes cómo tus personajes tomaron vida para desarrollar una acción tan impactante. Esperamos tus palabras y deseamos que esta no sea la última vez que nos veamos.
Gracias por estar aquí.




E despois chegou o esperado momento. Marisol Ortiz comezou un paseo pola súa Las lágrimas de la Matrioska. Ao tempo que aparecía unha nova bonequiña, a autora falaba da idea do libro, da súa inspiración, das súas intencións, das ilustracións da obra, de canto teñen da propia Marisol os personaxes e da cantidade de influencias da literatura popular e o conto que vertebran a súa novela. As Matrioskas causaron sensación e quen quixo puido marchar coa obra asinada.





Dende aquí, os nosos parabéns a Naiara, a Celia, a Zuleyma, a Iago, a Noa e a Xiana pola súa brillante intervención no acto e, por suposto, o noso eterno agradecemento a Marisol Ortiz de Zárate pola súa presenza no IES Cidade de Antioquía. Un pracer!



Ningún comentario:

Publicar un comentario