mércores, 20 de novembro de 2019

Achegámonos aos tribunais

O Colexio da Avogacía de Ourense invitou o noso alumnado da asignatura Valores éticos a asistir a unha sesión de xuizos. Foron acompañados por MªJosé Mosquera e José Luis Vidal.
A experiencia foi moi interesante, polo que nos contaron as persoas que participaron. Ademais de ver in situ como se desenvolve un xuízo, puideron presentarlle á xuíza e á fiscal as súas inquedanzas.
As dúbidas e sensacións que son difíciles de atopar nos libros da nosa biblioteca, solucionáronse e percíbíronse coa experiencia directa.
Parabéns a todo o equipo implicado!

Ningún comentario:

Publicar un comentario