luns, 25 de novembro de 2019

25 de novembro. Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller


Levamos tempo teimando por facer do noso centro e da nosa biblioteca un punto de loita contra esta tara da nosa sociedade.
Este ano, como participantes no club de letras da Consellería de Educación, aínda imos ter máis traballo que facer, empezando nun día tan sinalado coma este.






Hoxe teremos unha actividade centrada nun dos logros que máis lle custou conseguir ás mulleres, e non só no noso país: o dereito ó voto.
Coñeceremos por boca de Celia Pereira Porto, doutora en dereito e avogada laboralista, editora do libro O meu pecado mortal. O voto feminino e máis eu de Clara Campoamor, como foi ese proceso en España.
Ademais, o alumnado que traballou sobre o tema nas aulas, participará coas súas opinións ou valoracións!
Prometemos imaxes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario