xoves, 25 de novembro de 2021

O DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA

         Ao longo destes últimos días vimos como as paredes do noso IES se cubrían de fotos, de carteis, de palabras coas que mostrar un ano máis o noso apoio á loita para a eliminación da violencia contra as mulleres.

        O alumnado de Xeografía e Historia de Susana Moure compartiu con nós un especial recordo para todas esas mulleres que perderon a vida este ano a causa da violencia de xénero: cadeiras que ninguén ocupará máis, ese foi o símbolo deste ano. Tamén compartiron a súa reflexión para a concienciación sobre diferentes formas de exercer violencia sobre as mulleres. A BiblioCidade fixo a súa pequena aportación colgando sobre a exposición o eslogan que eleximos para este 2021.


        Belén Figueira, profesora de Inglés, encargouse de organizar a exposición "Rompendo prexuízos", porque ás veces é preciso lembrar que os verbos non teñen xénero. O seu alumnado aportou as fotos:



Dende a BiblioCidade ofrecemos diferentes propostas para esta data: exposición e lectura de textos que invitan a reflexionar sobre a violencia de xénero, exposición de fondos con temática relativa a esta data; reparto de bandas moradas, creación conxunta dun lazo morado na alambrada do centro,...



Ningún comentario:

Publicar un comentario