Co gallo do Día Internacional do Libro, e dentro das actividades organizadas pola BiblioAntioquía para este mes tan especial, o alumnado de 1º ESO puido desfrutar dunha xornada moi entretida na biblioteca: o Book Day!
Onte, durante a clase de inglés e guiados pola profe Belén, a rapazada foi superando unha serie de retos relacionados cos libros. Estas probas axudáronos a familiarizarse co sistema de Clasificación Decimal Universal, que establece a orde nas bibliotecas de todo o mundo, a refrescar habilidades como a busca rápida en dicionarios en papel e tamén a fixarse un pouco máis nas exposicións e recursos da nosa BiblioAntioquía.



.jpeg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario