luns, 27 de abril de 2026

COÑECE AS PERSOAS GAÑADORAS DO MES DO LIBRO DA BIBLIOANTIOQUÍA

Velaquí vai unha de gañadores e gañadoras dos concursos que puxemos en marcha neste fantástico mes do Libro na BiblioAntioquía.

Esta semana fixemos entrega de algúns agasallos para os creadores e creadoras dos marcapáxinas máis chulos elaborados nos obradoiros da biblio. Recibiron este recoñecemento:
• Gael de 1º ESO B
• Aitana de 1º ESO C
• Aldara de 2º ESO A

Tampouco nos esquecemos das maiores expertas en literatura do Cidade de Antioquía. Estas fantásticas mozas demostraron, coas súas respostas máis que acertadas no noso rosco do LiteraTour, que son unhas verdadeiras sabias no que respecta ao mundo dos libros.

Na categoría de alumnado, a campioa foi:
• Noa de 1º ESO B

E na categoría de adultos:

• A nosa marabillosa conserxe Paula!

Parabéns a todas as nosas premiadas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario