xoves, 30 de abril de 2026

MEMORIA DO TRABALLO: OFICIOS QUE NON DEBEMOS ESQUECER


Con motivo da celebración do 1 de maio, Día do Traballo, o equipo da BiblioAntioquía organizou unha pequena exposición dedicada aos oficios tradicionais, moitos deles xa desaparecidos ou en risco de caer no esquecemento.

Ao longo do percorrido, pódense descubrir profesións como as lavandeiraso barquilleiroo serenoo pregoeiro ou o carboeiro, así como coñecer o papel das amas de cría e outros traballos fundamentais noutra época. Ademais, tamén quixemos dar visibilidade a algúns oficios artesanais que aínda perviven hoxe, como as castañeiras, as palilleiras ou a confección de redes.

Esta exposición é unha homenaxe ás persoas que, co seu esforzo diario, sostiveron a vida das comunidades e deixaron unha pegada na nosa historia e na nosa cultura.

Unha oportunidade para reflexionar sobre como mudou o mundo do traballo… e sobre a importancia de non esquecer de onde vimos.

Podedes visitala no vestíbulo do centro (na cortiza ao lado do ascensor), durante estes días.

Agardámosvos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario