luns, 27 de abril de 2026

CREATIVIDADE ENTRE LIBROS: OS NOSOS MARCAPÁXINAS

Neste mes do Libro, a nosa BiblioAntioquía encheuse de cor, creatividade e moito amor polos libros grazas aos marcapáxinas elaborados polo alumnado

Durante os obradoiros, a rapazada deu renda solta á súa imaxinación e o resultado non pode ser máis bonito: deseños cheos de cores, personaxes, paisaxes, mensaxes lectoras… e, sobre todo, moitísima ilusión. Cada marcapáxinas é único e reflicte a personalidade e o gusto pola lectura de quen o creou.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o talento que temos no centro. Porque ler tamén é crear… e crear tamén é unha forma de ler o mundo. 

Parabéns a todos e todas polo traballo tan marabilloso! 







Ningún comentario:

Publicar un comentario