A semana pasada, o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha interesante saída ao Museo do Videoxogo de Cangas do Morrazo, unha experiencia que combinou aprendizaxe, tecnoloxía, historia e diversión.
Durante a visita, o grupo puido facer un percorrido pola evolución do videoxogo ao longo das últimas décadas, descubrindo consolas míticas, máquinas recreativas e dispositivos que marcaron distintas xeracións. Desde modelos clásicos como a Dreamcast ou a PlayStation 2 ata salóns recreativos cheos de luces e son, o museo permitiulles achegarse á historia do lecer dixital dunha forma práctica e moi atractiva.
Ademais de visitar os fondos do museo, tamén tiveron a oportunidade de probar diferentes xogos e experimentar en primeira persoa como se xogaba noutras épocas. Sen dúbida, un dos momentos máis divertidos da xornada.
A actividade completouse cun obradoiro en inglés, no que o alumnado puido traballar vocabulario e contidos relacionados co mundo dos videoxogos e da tecnoloxía. Deste xeito, a saída converteuse tamén nunha excelente ocasión para practicar a lingua inglesa nun contexto real e motivador.
Esta experiencia tan enriquecedora para o alumnado foi organizada polo Departamento de Inglés. Dúas profes desta materia acompañaron aos rapaces e tamén botaron algunha que outra partidiña...
E para quen queira seguir descubrindo máis sobre este apaixonante universo, lembramos que na biblioteca do centro contamos con libros, xogos e materiais relacionados co mundo dos videoxogos, a cultura popular e a creatividade dixital. Unha boa oportunidade para continuar aprendendo… e xogando!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario