Xusto antes de marchar para as vacacións de Semana Santa, as profes que formamos parte do Club de Lectura “Ao pé da letra” reunímonos na BiblioAntioquía para comentar a nosa última lectura: Morgana en Esmelle, da autora viguesa Begoña Caamaño.
Esta novela, obra da que neste 17 de maio será a escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas, gustou moito. As profes comentaron os seus pareceres e alabaron a forma na que Caamaño recolle o relevo de Cunqueiro á hora de escribir, en galego, sobre a materia de Bretaña. Un relevo que, ademais, Begoña soubo levar tamén ao seu terreo e dotar dunha perspectiva feminista que fai da obra unha lectura case obrigada.
Recomendámosvos moito a súa lectura. Hai exemplares na biblio!!
Na próxima sesión comentaremos a ópera prima da novelista marinense Lucía Solla, Comerás flores, grandemente gabada por público e crítica.
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario